BRANCELLAO

É a terceira variedade tinta autóctona do Ribeiro de maior representación na zona, con boa expresión aromática e achegue glicérico e escaso achegue polifenólico. Utilízase como complementaria achegando entre outros complexidade aromática e graxa.

Agronómicamente é unha variedade de produción media, de porte semierguido e horizontal. Con facilidade para alcanzar a maduración o seu ciclo é algo longo con desborre temperán e maduración media. A súa resistencia fronte á Botrytis é alta, media para o Mildiu e escasa fronte ao Oídio.

Máis información

As súas boas aptitudes para a maduración permite a obtención de mostos cun alto contido en azucres e unha acidez media, producindo viños aromáticos, con corpo, grasos e untuosos de pouca estrutura.

A súa utilización é como complementaria, mesturándose con outras variedades de maior contido polifenólico, achegando complexidade aromática onde destacan os cheiros a froitos vermellos e equilibrio sápido potenciando a untuosidade, volume e graxa do conxunto. A falta de contido polifenólico da variedade non permite a elaboración de crianzas.