FERRÓN

Tamén chamada Ferrol, é unha variedade tinta autóctona da D.O. Ribeiro cunha expresión moi completa, achegando aroma e boca aos viños. Adoita utilizarse mesturada oportunamente con outras variedades como é o máis común no Ribeiro, pero é apta para elaboracións monovarietais. Agronómicamente é unha variedade difícil, de vigor, fertilidade e produtividade media; adáptase ben a terreos soltos, ten un bo comportamento en poda longa sempre que se controle a produción, é medianamente sensible á seca e moi sensible ao vento e ao golpe de sol e a súa época de desborre e maduración son medias. Con respecto ás enfermidades ofrece resistencia boa ante o Mildiu, baixa á Botrytis e baixa ao Oídio.

Máis información

Obtéñense boas maduracións con gradacións de 12 - 13 % vol. e con excelente mantemento da acidez proporcionando viños equilibrados, frescos, con moita personalidade, aromáticos, destacando os recordos a froita vermella, fresas, cereixas, frambuesa… e ata notas de herbas aromáticas e especias; en boca teñen unha boa estrutura e corpo. Normalmente utilízase mesturada con outras variedades, como complementaria ou como base, achegando moita calidade ao conxunto, aínda que é perfectamente apta para a elaboración de monovarietais xa que é unha variedade moi completa. O seu bo contido poloifenólico e de acidez fai que sexa unha variedade moi apta para a crianza.