GODELLO

É a terceira variedade branca autóctona de maior representación na zona; é unha variedade moi completa cun importante achegue á fase gustativa dos viños do Ribeiro. Adoita utilizarse como complementaria ou como base da mestura. É a primeira en vendimiar unha variedade de brotación moi precoz polo que é sensible ás xeadas tardías e ciclo de maduración curto. Ten un forte vigor e unha boa fertilidade, cunha produción media de 13 a 15 Tn/Ha. O terreo máis apropiado para a súa plantación debe ser cálido, tolera ben o estrés hídrico. É moi sensible ao golpe de sol, ao oidio e á Botrytis e é pouco ou moderadamente sensible ao mildiu e á excoriose.

Máis información

Os viños que produce non son moi expresivos olfativamente, pero as sensacións en boca son amplas, untuosas e saborosas, alcanzado sinxelamente os 14 º alcohólicos e conservando unha boa acidez que rolda os 6 gramos por litro expresada en ácido tartárico, resultando mostos moi equilibrados que achegan potencia gustativa ás mesturas nas que participan.