Leive – Adegas Aurea Lux

LEIVE

Trátase dunha adega familiar, de colleiteiros, acollida á D.O. Ribeiro e que leva elaborando e comercializando viños ininterrompidamente dende varias xeracións A adega está situada nun vello caserón que aínda conserva partes do s. XVII, localizado en Esposende (Cenlle).

Na década dos ’20 do século pasado, Antonio García Soto adquiriu o inmoble, para residir e elaborar alí os seus viños. Por aquel entón , todo era a granel pero, na década dos '70, o seu fillo, Manuel García Carrasco, empezou a embotellar os viños cunha marca que levaba o seu nome e apelidos. Nos noventa, unha terceira xeración acomete unha profunda e radical transformación modernizando as instalacións, replantando viñedos e innovando nos procesos de xestión e comercialización. A aposta pola calidade, a maridaxe coa arte, a contribución ao desenvolvemento local e pola agricultura ecolóxica, son os elementos identitarios da empresa. O respeto polo patrimonio arquitectónico e natural leva a esta adega a abordar frecuentes accións de promoción cultural. A este respecto, é sobranceiro a etiquetaxe do seu viño Leive Paradigma, no que cada dúas añadas un pintor diferente participa creando a etiqueta dese viño.

Asemade, o enoturismo constitúe outro dos eixos distintivos da empresa. A visita á adega e aos seus viñedos, cun formato divertido e moi participativo, no que os visitantes embotellan o seu propio viño, dotan de orixinalidade a este producto. En recoñecemento a este servizo a adega conta coa Q de calidade turística.


CÓMO LLEGAR

CONTACTO

Razón Social: Adegas Aurea Lux, S.L.
Dirección: Ribeiro, 29
Ayuntamiento: 32400 Ribadavia
E-mail: info@aurealux.com
Web: www.aurealux.com
Teléfono: 988 470 368
Persona de contacto: Manuel Docampo