Aurelio Vázquez, presidente da Asociación de sumilleres Gallaecia: “Os brancos 2019 do Ribeiro destacan pola súa finura e elegancia”

O Parque Náutico de Castrelo de Miño foi o escenario para a cata previa das Distincións así como para a Guía Luis Paadín de Vinos y Bodegas de Galicia.

Ribadavia, 21 de xullo de 2020

O espazo Turcastrelo, ubicado no Parque Náutico de Castrelo de Miño, foi o escenario dunha cata previa á concesión dos galardóns “Distincións Gallaecia 2020” aos mellores viños e para a elaboración da edición 2021 da Guía Luis Paadín de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia. Nela participaron 126 viños da Denominación de Orixe Ribeiro, entre brancos, tintos e tostados que foron catados por membros da Asociación de Sumilleres Gallaecia e catadores invitados. Desta cata sairán seleccionados os mellores viños da D.O. Ribeiro segundo o criterio dos expertos, que pasarán a á cata final que se celebrará a principios de setembro en Fisterra.

Aurelio Vázquez, presidente da Asociación de Sumilleres Gallaecia, define a cata realizada en Ribadavia como unha das máis interesantes. “Os viños brancos desta colleita no Ribeiro son de altísima calidade, destacando a súa finura, elegancia e tipicidade. É de sinalar tamén que contan cun gran potencial de garda. Os tintos son moi equilibrados e de moita calidade, e neles percíbese a fenomenal evolución de anadas anteriores.”

Os profesionais que formaron o panel de cata foron:

Aurelio Vázquez        Presidente Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia
Iván Vázquez              Enólogo
Javier Facal                 Sumiller restaurante O´Sampaio
José Luis Fernández   Comité de Calificación D.O. Ribeiro
Juan Gómez               Asociación de Sumilleres de Zamora
Luis Paadín                 Director daa Guía de Vinos de Galicia
Alejandro Paadín       Vicepresidente Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia
Pablo Vidal                 Comité de Calificación D.O. Valdeorras
Pedro Sestayo            Profesor Consellería de Educación
David Ballesteros      Comité de calificación D.O. Rías Baixas
Santiago Castro         Director Técnico C.R.D.O. Toro
Xabier Barcala           Sumiller viñoteca Comoviño
Xose Carballido         Enxeñeiro Agrónomo