Cata Popular de la 56ª Feira do Viño do Ribeiro

A Cata Popular da 56 Feira do Viño está organizada polo Consello Regulador da D.O. Ribeiro. Está dirixida ao público en xeral e a súa orixinalidade radica en que o público é o que cata e premia os mellores viños segundo o seu criteiro.

As marcas participantes son as presentadas polas adegas presentes na Feira do Viño do Ribeiro e serán catadas a cegas, é dicir, sen coñecer o nome do viño. Dela sairán galardoados os mellores viños, así como os mellores catadores.

Cata Popular

Venres, 3 de maio, de 16:00h a 21:00h
Cata Popular, Local Social da Madalena

Sábado, 4 de maio, de 12:00h a 14:00h e de 16:00 a 21:00h
Cata Popular, Local Social da Madalena

Esencia Galega

Viños de paisaxe e territorio tradicionalmente elaborados por sabias mesturas de variedades autóctonas, cada unha delas aportando as súas peculiaridades para obter viños auténticos e xenuínos. Viños de marcados rasgos atlánticos, frescos, finos e elegantes, matizados por unha suave influencia do clima mediterráneo. O característico factor de transición climática xunto coas orientacións e pendentes da viña, a utilización e mestura de variedades locais e o tipo de solo, marcan o estilo Ribeiro. Ademais, a diferenciación dos tres vales (Avia, Miño e Aronia) que compoñen la denominación de orixe converten a Ribeiro nun mosaico da diversidade.