FESTIVAL RIBEIRO SON DE VIÑO 2025


Esta edición contará coa presenza en directo de La Habitación Roja e o seu pop-rock indie en español, tamén estará Luna Sujatovich coas súas cancións eclécticas e profundas con aires do jazz, rock alternativo e ritmos de folklore local arxentino. Delafé y las flores azules repartirán o seu “AMOR”, o seu novo álbum, onde nos ofrecerán unha reflexión sobre a forza do amor de múltiples xeitos. Poderase gozar tamén da sesión de boa música do DJ Toni B. Willish, así como do soul-funk en español da banda viguesa Tangomango.
A xornada, que terá lugar no recinto pegado á praia da Barrosa, ofrecerá aos asistentes a oportunidade de gozar de magníficas actuacións musicais en directo mentres degustan os vinos de cinco adegas: A Vilerma, Alanís, Marieta, Villanueva e Viña Costeira. O público asistente poderá adquirir o vino (por copa ou por botella) directamente nos mostradores individuais de cada unha das adegas.
As entradas, cun prezo de 17€ (máis gastos de xestión), poderanse adquirir na páxina web do Náutico de San Vicente. A venda estará limitada a un total de 400 entradas e está permitido o acceso a menores acompañados.
- Náutico de San Vicente do mar. Praia da Barrosa s/n, San Vicente do Mar (O Grove) 36988 Pontevedra
EDICIONES ANTERIORES












