Enocións fusiona o blues de Adrián Costa e o sabor do Ribeiro na súa segunda exitosa sesión en A Coruña

A Sala Garufa acolleu a segunda sesión celebrada en A Coruña polo ciclo Enocións by Ribeiro. O público puido degustar os viños Finca Viñoa, Colección 68 Treixadura, Carlos Villanueva e Eduardo Peña nun acto presentado pola actriz Lucía Regueiro

A Coruña, 1 de decembro.- Enocións by Ribeiro, ciclo organizado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro (C.R.D.O Ribeiro), celebrou onte á noite na Coruña a súa segunda sesión de maridaxe entre viño, gastronomía, música e cultura na Sala Garufa, que se encheu para escoitar a música do bluesman internacional Adrián Costa e degustar unha selección de viños da D.O. Ribeiro, conformada por Finca Viñoa (Bodega Finca Viñoa), Colección 68 Treixadura (Bodega Viña Coseira), Carlos Villanueva (Bodegas Villanueva) e Eduardo Peña (Bodega Eduardo Peña).

O acto estivo presentado pola actriz Lucía Regueiro, quen se encargou de dar á benvida aos asistentes que acudieron á cita con Enocións by Ribeiro. Regueiro, na súa intervención, lembrou que Enocións é “unha aproximación necesaria ao público, cunha perspectiva diferente e que mestura dous mundos que se complementan e que deben estar en maior contacto”. A actriz referiuse así, por un lado, “ao mundo do padal, dos aromas e dos sabores do viño” e, por lo outro, “o mundo do talento, da arte e da música”.

Pola súa banda, Cristina Alcalá, xerente do C.R.D.O Ribeiro, subiu ao escenario para destacar que “o viño é social, é compartir e é diversión”, ao tempo que recordou que “o máis importante do viño son as persoas dedicadas que están detrás”. Ademais, Alcalá sinalou que as enocións son un concepto que busca reflectir as emocións que abrollan ao degustar os viños da denominación de orixe máis antigua de Galicia, ao tempo que se goza con distintas expresións artísticas. Finalmente, Alcalá subliñou o compromiso da D.O. Ribeiro no seu apoio ao gran talento que se atopa nos diferentes sectores da cultura galega e destacou como exemplo a calidade dun músico como Adrián Costa, que intercalou a súa actuación coa presentación e a degustación dos viños protagonistas da noite.

Adrián Costa, músico nado en Compostela e que desenvolveu unha destacada carreira no blues internacional tanto en solitario coma con formacións coma o seu proxecto actual Adrián Costa & The Criers, ofreceu un singular concerto acompañado polo seu maquineto, un vello samper que lle permitiu gravarse y regravarse completamente en directo, de modo que puido ofrecerlle ao público unha selección de temas construídos cun son único. As cancións de Costa foron o acompañamiento perfecto para os viños que se degustaron ao longo do evento

O éxito desta segunda sesión do ciclo únese ao colleitado a semana pasada no hotel Hesperia Finisterre, que acolleu a primera cita de Enocións by Ribeiro na cidade herculina coa presenza do cociñeiro Pepe Solla e Analís, coñecida dj do circuíto indie coruñés. Naquela primeira sesión, o público puido gozar cos viños Cunqueiro (Bodegas Cunqueiro), Canción de Elisa (Adega Dona Elisa), Alberte (Bodegas Nairoa) e 3URA (Bodegas GRM).