Ferrol, 5 de xuño de 2019
As adegas Viña Costeira, Alanís, Cunqueiro, Pateiro Viños de Garda, Arco da Vella a Adega de Eladio, Viños Antonio Montero, O Alborexar no Ribeiro, Javier Estévez e Val do Deva participan neste evento baixo o amparo do consello regulador, nun espazo unicamente reservado para esta Denominación de Orixe, a máis antiga de Galicia. Pola súa banda ou a través dos seus distribuidores, tamén participan as adegas Son de Arrieiro, Coto de Gomariz, Pazo de Casanova, Vilerma, Cuñas Davia, Lagar do Meréns, Pablo Vidal Vinos con Personalidad, Quinta do Avelino, Casal de Armán, Adegas Celme e Bodega Castro Rei.
Por último, a D.O. Ribeiro tamén ten representación no Túnel dos Viños de Galicia, organizado por Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Agacal, da Xunta de Galicia, onde os visitantes poderán degustar un total de 16 referencias de viños entre brancos e tintos da D.O. Ribeiro.