
O director do Instituto Galego do Viño (INGAVI), Xoán Cannas, impartirá mañá unha conferencia-cata sobre os viños tintos D.O. Ribeiro na aula situada no edificio da biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.
Esta charla, organizada conxuntamente entre o Consello Regulador da D.O. Ribeiro e INGAVI, para os alumnos do seu curso Superior de Sumiller, é de acceso libre para os interesados e xa completou aforo, debido ao interese suscitado no sector e auxe na valoración dos viños tintos da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia.
Durante o acto, que terá unha duración de dúas horas, presentaranse os coupages de variedades de uva tinta más características da rexión, catando un total de 12 viños de anadas dende o 2011 ata o 2015.
CATA VIÑOS TINTOS D.O. RIBEIRO, A FORZA DA IDENTIDADE
MARTES, 24 de maio 2016
LUGAR: Cidade da Cultura de Galicia-Aula Edif. Biblioteca
(Avda. Manuel Fraga s/n – Santiago de Compostela)
HORA: de 18.00 a 20.00 horas