Xornadas de Outono: Cultura do Viño e Literatura

Comezaron as Xornadas de Outono: Cultura do Viño e Literatura, que se prolongarán ata o mes de decembro. Promovidas polo Consello Regulador da D.O. Ribeiro e apoiadas polo Vicerreitorado de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC e a Fundación Dieta Atlántica, están coordinadas polo profesor e historiador Xavier Castro. Unha acción que se suma á conmemoración dos 400 anos da morte de Miguel de Cervantes.

Á primeira mesa redonda celebrada na libraría Mishima de Vigo acudiu o Presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, quen impartiu unha amena charla sobre “O Ribeiro, Lingua e Literatura”. Estivo acompañado polo historiador da Universidade de Vigo, Luis Domínguez Castro, quen se centrou no viño do Ribeiro na Época Contemporánea, trazando unha visión histórica da comarca at aos nosos días. Ambos recoñeceron como “ribeiraos” e aludiron á súa biografía labrega no Ribeiro.