ENTORNO
A Denominación de Orixe Ribeiro sitúase en Galicia, no borde noroccidental da provincia de Ourense e nas confluencias dos vales formados polos ríos Miño, Avia e Arnoia. Unha comarca a 45 km. do océano Atlántico, nunha zona moi particular e de excelente aptitude para o cultivo da vide. Cunha extensión aproximada de 1.300 hectáreas, a zona de produción dos viños protexidos pola denominación de orixe Ribeiro abarca os concellos de Ribadavia, Arnoia, Castrelo de Miño, Carballeda de Avia, Leiro, Cenlle, Beade, Punxín e Cortegada; as parroquias de Banga, Cabanelas e O Barón, no concello de O Carballiño; as parroquias de Pazos de Arenteiro, Albarellos, Laxas, Cameixa e Moldes no concello de Boborás; os lugares de Santa Cruz de Arrabaldo e Untes no concello de Ourense, e do concello de Toén os lugares de Puga, A Eirexa de Puga, O Olivar, o pobo de Feá e Celeirón e a parroquia de Alongos; e o lugar de A Touza do concello de San Amaro.
CLIMA
O clima é o factor clave que determina a agronomía, variedades e estilo de viños. A D.O. Ribeiro sitúase nunha zona de transición de Galicia de carácter mediterráneo suavizado pola influencia atlántica debida á escasa distancia dol océano. De feito, esta distancia debería supoñer un maior carácter atlántico do entorno, pero a orografía de cadeas montañosas que limita a denominación polo oeste e norte, exerce un importante efecto protector, xerando así unha viticultura en onde a maduración alcohólica se desenvolve paralela á maduración fenólica, conservando un equilibrado frescor propiciado pola acidez natural e cun dominio do tartárico sobre o málico. O carácter lixeiramente con- tinental, en conxunción coas correntes de aire dominantes, provocan unha importante diferenza térmica entre o día e a noite, o que favorece a lenta maduración respectando o compoñente aromático e frescor natural. En Ribeiro distínguense tres vales xerados polos seus tres ríos principais: Miño, Avia e Arnoia. Un entorno natural formado por ladeiras, bancais e terrazas, excelentes para a produción de viños de calidade baseados na viticultura. Todo elo favorecido por un microclima moi peculiar, ventilado e con boa exposición para a maduración das variedades autóctonas do Ribeiro. A influencia marítima que penetra pola conca do río Miño, crea bandas de ecotonía climática sobre as ladeiras, xerándose un maior carácter atlántico segundo ascende na cota, o que limita o cultivo aproximadamente aos 450 metros de altura para as variedades cultivadas na Denominación de Orixe.
Choiva (l/ m2) - 2015
Na seguinte táboa podemos ver as choivas para o ano 2015 tomadas pola estación meteorolóxica da EVEGA en Leiro.Temperaturas - 2015
Na seguinte táboa podemos ver as temperaturas do ano 2015 tomadas pola estación meteorolóxica da EVEGA en Leiro.Temperatura media anual: 14,5ºC. Pluviometría media anual: 950 mm
Insolación: 1.915 horas, 40% no período de xullo-agosto e un mínimo do 8% no período decembro-xaneiro.
SOLOS
O Ribeiro é unha zona de intenso cultivo do viñedo dende moi antigo. Dende a recuperación da agricultura polos monxes beneditinos cara ao final do primeiro milenio ata a actualidade, as características dos solos cultivados difiren notablemente dos solos naturais, xa que o home vén cultivándoos ao longo de xeracións. Os solos do Ribeiro caracterízanse por estar englobados en tres tipos principais. A maioría desenvólvense a partir de materiais graníticos, con texturas franco-areosas e en menor medida areo- francosas. Tamén atopamos solos de materiais metamórficos de xistos, e os desenvolvidos a partir de materiais sedimentarios con texturas máis francas. Característico do Ribeiro é o “sábrego”, granito descomposto, moi abundante na zona. Os solos de cultivo dispoñen dunha profundidade media efectiva que oscila entre 70 e 100 cm. Os seus elevados contidos en area, sobre todo no horizonte superficial, contrastan co escaso contido en arxila, por debaixo do 20%. Normalmente son solos de reacción ácida, pobres en materia orgánica e cun contido en calcio que tende a ser baixo. Gran parte do cultivo dos solos están abancalados para diminuir as pendentes e facilitar o laboreo aproveitando as ladeiras e a insolación. Unha característica que marca o territorio da D.O. Ribeiro é o minifundismo, a complexa orografía e o uso de técnicas tradicionais nos traballos do viñedo.
ESTRUTURA PRODUTIVA
Tradicionalmente, no territorio da D.O. Ribeiro ten unha gran relevancia o saber facer do viticultor. Actualmente, están rexitrados 1.607 que, xunto con 98 adegas e colleiteiros con produto certificado, representan a estrutura produtiva da denominación. Cunhas 1.300 hectáreas de viñedo e unha produción media de 10 millóns de quilos de uva, Ribeiro é unha denominación de orixe caracterizada pola súa grande parcelación e diversificación. Un patrimonio vitivinícola que representa a esencia galega pola súa paisaxe, territorio e factor humano.
""A tradición non é a historia. A tradición é a eternidade". CASTELAO
HISTORIA
Tradición milenaria
O cultivo do viñedo foi historicamente a principal fonte de riqueza da comarca. Non se coñece con certeza cal foi a orixen das variedades autóctonas do Ribeiro, pero si se sabe por testemuño de Estrabón, que na segunda metade do século II antes de Cristo xa se elaboraba viño en Ribeiro. Algo que tamén se evidencia no descubrimento de lagares que datan desaépoca. No século III, no Ribeiro xa se disporía dun complexo varietal relativamente ben axustado ás súas condicións ecoclimáticas.
Posteriormente, as invasións xermánicas supuxeron un forte retroceso na historia da viticultura na comarca, aínda que o cultivo da vide non desapareceu. Tras esta etapa, na Alta Idade Media volveu a rexurdir con forza o cultivo da vide no Ribeiro, constituindo un dos principais cultivos ás portas do ano mil. Durante esta etapa, os máis importantes centros eclesiásticos galegos asentaron no Ribeiro granxas e priorados para prover de viño do Ribeiro ás adegas das súas sés principais. Os mosteiros foron os grandes impulsores do viñedo, incentivando a súa plantación por medio de contratos forais. O mesmo ocorre con importantes familias aristocráticas, grandes e medianos propietarios, que amosaron interese por adquirir viñedos no Ribeiro no século XI.
Uns dos principais impulsores da recuperación da vide nol Ribeiro foron os monxes beneditinos e cistercienses do mosteiro de San Clodio, aínda que as variedades autóctonas xa existían antes. O abade do monasterio, Pelagio González (século XII), indica no seu testamento a gran labor de reimplantación do viñedo e presume da gran calidade dos viños do Ribeiro que, ao amparo do Camiño de Santiago, chegan a Europa da man de comerciantes locais e tamén de ingleses, holandeses, asturianos e vascos. Así como de comerciantes xudeus, que deixaron en Ribadavia o seu gran legado histórico e monumental. É preciso citar aos monxes do mosteiro de Oseira e Melón, fundados polo císter, quenes desenvolveron a viticultura do Ribeiro. Dos séculos XII e XIII datan os documentos nos que os monxes de Oseira asinaron contratos con distintos propietarios de terreos no Ribeiro para a plantación de viñedo. Así como os de Celanova, San Martiño Pinario e os Cabildos das catedrais de Santiago, Lugo e Ourense, cuxos monxes se desprazaron ás zonas do Ribeiro. Alí dispoñían de grandes viñedos e xestionaron numerosas granxas e priorados que se dedicaban ao cultivo da vide.
O florecente comercio e o aprecio polos viños do Ribeiro quedan reflectidos na aprobación dun decreto no que figuran os prezos dos víveres que se comercializaban en Santiago de Compostela en 1.133. Entre eles, detállase o viño Ribeiro como o máis caro de cantos se vendían na poboación. Uns séculos máis tarde os ingleses converteríanse nos principais clientes para o produto fóra da península.
Esplendor histórico
A comarca do Ribeiro foi pouco afectada pola invasión musulmana polo que tivo unha continuada progresión no cultivo do viñedo dende a época romana ata o seu máximo esplendor nos séculos XV e XVI. Séculos nos que o viño se converteu nunha das maiores riquezas do Ribeiro, cultivándose e elaborándose con grande intensidade, gozaba de gran prestixio, exportándose por toda España e Europa a Francia, Portugal, Italia e especialmente a Gran Bretaña. Transportábase principalmente en carruaxes para o embarque nos portos. O de Pontevedra foi o principal porto para o seu transporte marítimo, xunto cos de Vigo, Baiona e A Coruña. Dende estos portos, salía en dirección ao Golfo de Vizcaya, chegando a Bretaña, Flandes e, principalmente, Inglaterra. Pero os Ribeiros aínda chegaron máis lonxe.
Os viños da comarca tamén navegaron nos barcos que levaron aos primeiros colonos a América, sendo uns dos primeiros degustados no Novo Mundo. En 1592 xa temos constancia documental do embarque en Ferrol con destino a América de 127 pipas de viño Ribeiro a 190 reais. E descobren América acompañando na súa primeira expedición a Cristóbal Colón.
Paralelo ao intenso fluxo económico empeza a xurdir o comercio fraudulento. Para garantir a calidade e protexer o produto, en 1579 as ordenanzas municipais de Ribadavia especificaban zonas de cultivo e aspectos relacionados coa produción do viño e a súa comercialización, para tratar de evitar a adulteración do viño e a picaresca que pretendía facer pasar por Ribeiro outros produtos de cuestionable procedencia. Ditas ordenanzas son consideradas como un precedente dos regulamentos das actuais denominacións de orixe. De feito, a OMPI (Organización Mundial de la Propiedad Intelectual) recoñéceas coma os primeiros indicios de protección dunhaa indicación xeográfica no dereito español.
Novos Ribeiros
Durante todo o século XVI e a primeira metade do XVII, o Ribeiro gozaba dun comercio floreciente e cultural. Cervantes nomea en varias das súas novelas o viño de Ribeiro. Foi unha das maiores riquezas de Galicia, ata que as pragas de procedencia americana asolaron a comarca durante o século XIX. En 1853 chegou o oidium; a segunda praga, en 1886, foi o mildium; e a terceira, a partir de 1890, apareceu a filoxera. Foi entón cando se fixo preciso inxertar as vides en pés americanos, o que propiciou a introdución de variedades foráneas, máis resistentes e produtivas, en detrimento das variedades autóctonas.
Actualmente, o Ribeiro volve ás súas orixes con forza apostando polas uvas locais, recuperando e creando novas prantacións mediante programas de reconversión e reestruturación de viñedo. Ademais, nas últimas décadas incorporáronse novas adegas que, xunto cos avances tecnolóxicos, ten como obxectivo a busca da calidade e a máxima expresión das variedades autóctonas.
Unha denominación de orixe que defende a paisaxe e territorio como a expresión da súa historia cultural do viño.