Ribeiro Son de Viño
Máis de 12 horas de concertos e viños D.O. Ribeiro no Náutico de San Vicente do Mar (O Grove - Pontevedra)
Ribeiro Son de Viño é o único festival de Galicia que combina música en directo de grupos galegos con degustacións de viños e a presenza dos seus adegueiros. Por cuarto ano consecutivo, celebrarase o día 15 de xullo no entorno paradisíaco do bar Náutico de San Vicente do Mar, en Pontevedra.
Enocións by Ribeiro
Proxecto de harmonías culturais onde o viño se combina con diferentes disciplinas artísticas para expresar as emocións e a esencia de Galicia.
Enocións by Ribeiro é un programa de actividades que quere reflectir as emocións dos viños da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia con diversas expresións artísticas como a música, a gastronomía, a moda ou as artes escénicas. Unha aposta pola cultura galega a través do mundo do viño.
Premios D.O. Ribeiro 2017
A Gala dos Premios D.O. Ribeiro é a cita de profesionais e celebración cultural máis importante do ano.
Celebrada por primeira vez no ano 2012, a gala é un referente do sector onde se premian aos máis relevantes profesionais do viño e se dan a coñecer os mellores viños do ano da D.O. Ribeiro. A gala celébrase nos históricos claustros do Monasterio de San Clodio (Leiro), berce dos viños do Ribeiro.
Descubre Ribeiro
Programa de formación e divulgación sobre o territorio, paisaxe e cultura do viño da D.O. Ribeiro. Diferentes perfís de grupos seleccionados participan cada ano dun intenso programa para descubrir e vivir unha experiencia xenuína en Ribeiro.
A D.O. Ribeiro recibiu aos 15 mellores comunicadores dixitais de España. Profesionais chegados de Alicante, Asturias, Barcelona, Burgos, Madrid, Málaga ou Sevilla, participaron nunha xornada formativa global durante unha fin de semana. Baixo o hastag #DescubreRibeiro, a visita foi TT (trending topic), alcanzando a 500.000 usuarios e 4,5 millones de tweets servidos.