ALBARIÑO

É a quinta variedade branca autóctona de maior representación na zona. Esta variedade de excelente comportamento pódese caracterizar por ser moi completa e algo exuberante; normalmente é utilizada como complementaria achegando complexidade aromática, acidez e glicerol aínda que é apta para a elaboración de monovarietais. Variedade de porte erguido, a súa brotación é algo temperá polo que ter problemas cas xeadas tardías. O seu ciclo de maduración é curto, cun vigor medio e fertilidade media obtéñense rendementos de 12 - 14 Tn/Ha. Os chans máis apropiados serán os que dispoñan dunha boa drenaxe. Presenta boa resistencia á Botritis, ten sensibilidade media ao Oidio, ao mildiu e a excoriose e é moi sensible ao corremento.

Máis información

Os viños que produce son bastante aromáticos, terpénicos, destacando sensacións florais, froiteiras e balsámicas, con boca glicérica, untuosa e á súa vez fresca. Alcanzan altas gradacións con facilidade que poden roldar os 13-14º alcohólicos cunha boa conservación da acidez entre 6 e 8 gramos por litro de acidez total expresada en ácido tartárico, presentando boas aptitudes para o envellecemento.