RB_ut_caiñolongo2

CAÍÑO LONGO

É unha das variedades tintas autóctonas máis típicas do Ribeiro e a segunda en produción. Caracterízase polo seu gran potencial aromático e non adoita utilizarse como monovarietal pero é moi común como complementaria, achegando aos viños complexidade e intensidade aromática. Agronómicamente é unha variedade produtiva de porte horizontal, resistente á seca e que se adapta ben a terreos pouco fértiles, aínda que con importantes necesidades de potasio. A súa época de desborre é precoz e a época de maduración é media - tardía, resultando un ciclo algo longo. Admite podas curtas e necesita boa insolación pero non directa ao acio xa que é sensible ao golpe de sol. É medianamente sensible ao Oídio, á Botrytis e á Excoriosis.

Máis información

A maduración pode roldar os 12 % vol. conservando unha boa acidez entorno a 6 g/l expresada en ácido tartárico, resultando viños alegres que se expresan moi aromáticos, frescos e de estrutura media.

A súa utilización normalmente é como complementaria mesturándose con outras variedades de maior estrutura, aínda que as elaboracións monovarietais ou como uva base non sendo aptos para criazas, proporciona viños novos moi interesantes con aromas intensos afrutados e florais, de paso amable e fresco.

Elegante variedade de expresión cromática media. Aromas inten­sos de flores, froitas frescas e balsámicos. En boca contribúe á elaboración de viños moi frescos e elegantes de estrutura media.