FERRÓN
Tamén chamada Ferrol, é unha variedade tinta autóctona da D.O. Ribeiro cunha expresión moi completa, achegando aroma e boca aos viños. Adoita utilizarse mesturada oportunamente con outras variedades como é o máis común no Ribeiro, pero é apta para elaboracións monovarietais. Agronómicamente é unha variedade difícil, de vigor, fertilidade e produtividade media; adáptase ben a terreos soltos, ten un bo comportamento en poda longa sempre que se controle a produción, é medianamente sensible á seca e moi sensible ao vento e ao golpe de sol e a súa época de desborre e maduración son medias. Con respecto ás enfermidades ofrece resistencia boa ante o Mildiu, baixa á Botrytis e baixa ao Oídio.