GARNACHA TINTORERA

Denominada máis correctamente Alicante Bouschet, esta variedade repártese amplamente por distintas zonas da península. Diferénciase polo súa pulpa coloreada e capacidade colorante e entra en Galicia quizais pola mencionada calidade e por un enfoque produtivo, pero resulta pouco compatible co clima polo que actualmente está en proceso de eliminación. É unha variedade de porte ergueito e vigor medio, moi fértil que normalmente dá producións altas, de ciclo longo cunha brotación temperá e maduración tardía necesitando climatoloxías con abundantes horas de sol. É moi sensible ao mildiú, excoriosis, vento e corremento, moderadamente á botrytis e pouco ao oídio e á seca.

Máis información

Os viños que produce teñen unha moi importante carga cromática e nas latitudes galegas é difícil alcanzar as maduracións necesarias para domar a súa importante expresión vexetal; mantén moi ben a acidez e achega unha boa aromática froiteira e floral. Na D.O. Ribeiro o seu cultivo está en receso. Utilízase mesturada con outras variedades onde achega cor e acidez ou como monovarietal.