PALOMINO

Variedade foránea que se reparte amplamente por toda a península e que é introducida na denominación a principios do século XX logo da práctica destrución do viñedo polo oídio e a filoxera; actualmente en proceso de eliminación, a favor das variedades propias da zona. Variedade de porte rastrero, de alta fertilidade e produtividade con brotación e ciclo de maduración medios, adáptase ben ao terreo seco e necesita unha boa insolación. Presenta alta sensibilidade ao Mildiu e media á Botrytis e Oídio.

Máis información

Esta variedade produce viños de menor calidade e non se adapta moi ben á climatoloxía da D.O. Ribeiro; xera viños sinxelos, pouco expresivos e de baixa gradación e acidez con tendencia á evolución oxidativa.