
TEMPRANILLO
Esta variedade repartida por toda a península con diferentes sinonimias, no Ribeiro é moi pouco representativa cuantitativamente falando. Exprésase como unha variedade moi completa e versátil aínda que a súa escasa produción abócaa a utilizarse como complementaria.
Agronómicamente é unha variedade de porte ergueito e produtividade media alta e como o seu nome indica é de ciclo curto obténdose no Ribeiro maduracións boas e equilibradas. A súa época de desborre é temperá facéndoa sensible ás xeadas primaverais. É sensible ao Oídio, medianamente resistente á Escoriosis, expón problemas con as podas longas pola súa fertilidade e sensibilidade ao vento e a súa resistencia á seca é moderada.


