
A presentadora Marga Pazos será a condutora da gala, que comenzará a partir das 19 horas
A Denominación de Orixe Ribeiro celebrará mañá 26 de xuño, a partires das 19 horas, a súa Gala dos Premios D.O. Ribeiro no Monsteiro de San Clodio (Leiro), unha cita na que está prevista que se reúna unha ampla representación do sector vitivinícola galego.
Conducida pola presentadora Marga Pazos, a Gala dos Premios do Ribeiro servirá tamén para dar a coñecer aos mellores viños brancos, de Adega e de colleiteiro, e tinto da Denominación de Orixe con máis historia de Galicia. Durante a gala tamén se fará entrega dos recoñecemento especiais de Persoeiro de Honra, que este ano recae no xornalista responsable de Agropopular na Cadena COPE, César Lumbrera; o de Mellor Tarefa de Comunicación, que nesta edición recae no xornalitas e actualmente columnista en El Mundo Víctor de la Serna e o de “Muller e Viño” para Sonia Prince de Galimberti, como presidenta da Asociación de Mujeres Amantes de la Cultura del Vino – AMAVI.
Finalmente o acto tamén inclúe un tributo aos homes e mulleres que contribuiron ao longo do tempo a situar ao Ribeiro no lugar que ocupa actualmente a través do premio “Vida entre Vides”, que este ano recibe o presidente de honra de Viña Costeira, Manuel García Montero.
Durante o evento tamén se recoñece o bo facer os profesionais e establecementos galegos que axudan á difusión do mundo do viño, polo que se conceden premios en categorías específicas. Estes premios son outorgados directamente polas adegas adscritas á Denominación.
PREMIOS
Persoeiro deHonra: César Lumbreras
Muller e Viño: Sonia Prince de Galimberti
Mellor Tarefa de Comunicación: Víctor de la Serna
Vida entre Vides: Manuel García Montero
FINALISTAS:
Mellor Servizo de Vino en Restaurante:
La casa de las 5 puertas (Pontevedra)
Paprica (Lugo)
Bacelo Taberna Vinaria (Ourense)
Mellor Tenda Especializada – Vinoteca:
Juncal Alimentación (Pontevedra)
O Lagar (Burela)
La tienda de Lino (A Coruña)
Mellor Taberna – Bar de Viños:
Artesana (Santiago)
Baraciña (Vigo)
Tamarindo (Ourense)
Asunto: ENTREGA DOS PREMIOS RIBEIRO 2018
Data e Hora: Martes, 26 de xuño, a partires das 19.30h
Lugar: Mosterio de San Clodio (Leiro)
Previsión a medios:
Envío de nota de prensa ás 21h
Envío das fotografías, ás 21.30h
Foto portada: Xurxo Lobato