A 57ª Feira do Viño do Ribeiro xa ten cartel

Miguel Ángel García Chaler (Ourense) gaña o concurso de entre as 186 obras presentadas

Ribadavia, 14 de febreiro de 2020.

O xurado do Concurso de Carteis da 57ª Feira do Viño do Ribeiro reuniuse hoxe, 14 de febreiro, na sede do Consello Regulador do Ribeiro, en Ribadavia, para elixir o cartel que representará a Feira do Viño do Ribeiro 2020, que terá lugar na vila ribadaviense do 1 ao 3 de maio.

O cartel gañador está deseñado por Miguel Ángel García Chaler, de Ourense, e foi elixido entre 186 propostas presentadas nesta edición do concurso. El é deseñador gráfico, maquetador e ilustrador. É creador e xerente dunha axencia de publicidade ourensana. En relación á súa creación comenta “para realizar este cartel intentei xuntar todas as virtudes da D.O. Ribeiro, natureza, beleza, tradición e cor. No cartel están fusionados os elementos máis característicos da Denominación de Orixe. Creei un deseño limpo e simple, intentando darlle un toque de elegancia e sencillez na formas e usando as cores naturais do viño e a natureza do Ribeiro”.

Para a elección do seu cartel anunciador, o Concurso de Carteis da 57ª Feira do Viño do Ribeiro contou cun xurado multidisciplinar integrado por profesionais no ámbito das artes, comunicación e deseño gráfico. Ao longo da xornada de deliberación das 186 obras participantes foron sometidas ao xuízo destes profesionais, resultando a obra gañadora premiada con 1.000€.

Participaron como membros do xurado:

Luis Vázquez, xerente do C.R.D.O. Ribeiro.
Yolanda Gómez, concelleira de Cultura do Concello de Ribadavia.
Francisco Sánchez, deseñador gráfico freelance.
Jaime Díaz, de Incubarte, creatividad multicanal.
María Fernández, coordinadora de marketing de Expourense.
Eduardo García, director de la Galicia Business School.