A Denominación de Origen Ribeiro gaña oito medallas no “Mundus Vini”

A D.O. Ribeiro vén de recibir un total de oito medallas trala publicación dos resultados do concurso internacional de viños Mundus Vini, unha competición que se celebrou do 18 ao  23 de febreiro en Alemaña.

Ribadavia, 26 de febreiro de 2020.

As adegas da D.O. Ribeiro obtiveron un total de oito medallas. As tres distincións de ouro recaeron nos viños da colleita 2018 Viña do Campo Godello de Bodegas Docampo S.A. e Ramón do Casar Nobre de Ramón do Casar S.L. e no viño 2017 Aialalá Sousón de The Flower and the Bee S.L. e os cinco galardóns de prata foron para o viño da colleita 2017 The Flower and the Bee Sousón de The Flower and the Bee S.L. e nos viños de colleita 2018 Antonio Montero ‘’Autor’’ Cepas Vellas Autóctonas de Antonio Montero S.L., Ramón do Casar Blanco e Ramón do Casar Treixadura de Ramón do Casar S.L. e Viña do Campo de Bodegas Docampo S.A.

Viños de todo o mundo se presentaron ao 26º Gran Premio Internacional del Vino Mundus Vini, concurso que rende homenaxe aos mellores viños na degustación de primavera de 2020.

O 26º Gran Premio Internacional del Vino Mundus Vini chegou ao seu fin co premio de 43 medallas de gran ouro, 1.546 de ouro e 1.406 de prata. 268 expertos en viños de 54 países viaxaron á degustación de seis días para catar e avaliar case 7.500 viños de todo o mundo.