A D.O. Ribeiro participou na gran cita española do viño, Bacchus 2020

Catro viños da D.O. Ribeiro fanse con dúas medallas de ouro e dúas de prata no certame Bacchus 2020 celebrado do cinco ao nove de marzo en Madrid.

Ribadavia, 12 de marzo de 2020.

As mostras merecedoras dos premios do xurado obtiveron tanto medallas de prata como de ouro: Bacchus de Ouro para Ramón do Casar Godello 2018 de Ramón do Casar S.L. e para Gotas de Mar fermentado en Barrica 2018 de Hammeken Cellars S.L. e Bacchus de Prata para Libro 2018 de Antonio Cajide Gulín e para Ramón do Casar Nobre Treixadura 2018 de Ramón do Casar S.L.

Varias adegas da Denominación de Orixe Ribeiro participaron na cata concurso organizada pola UEC (Unión Española de Catadores) ante un gran elenco de catadores profesionais, periodistas especializados, sumilleres, enólogos, Masters of Wine e Masters of Sommelier internacionais en representación vinícola dos cinco continentes.