A D.O. Ribeiro recibe 29 galardóns nos Decanter World Wine Awards 2020

Hoxe fixéronse públicos os resultados do concurso de viños internacional, onde logra dúas medallas de ouro, 11 de prata, 14 de bronce e dúas distincións ou “commended”.

Ribadavia, 22 de setembro de 2020

Os Decanter World Wine Awards, que xurden dunha intensa cata celebrada en Londres, Reino Unido durante 28 días consecutivos no mes de agosto, vén de facer públicos os resultados da 17ª edición, na que a Denominación de Orixe Ribeiro recibe dúas medallas de ouro, 11 de prata, 14 de bronce e dous “commended” ou distincións.

Esta competición celebra con esta edición o seu décimosétimo ano, no que se presentaron máis de 16.500 viños de todo o mundo. Os encargados de xulgalos en cata a cegas foron un total de 116 expertos en viños do mundo entre os que se atopaban sumilleres, xornalistas, Masters of Wine, Masters Sommeliers e comerciantes de viño.

Relación de viños premiados nos Decanter World Wine Awards 2020:

Medallas de Ouro:

-Adega do Moucho 2017 de Francisco García Pérez.
-Ramón do Casar 2019 de Adega Ramón do Casar.

Medallas de Prata:

-La Flor de Margot 2018 de Adegas Valdavia.
-Antonio Montero Autor 2018 de Vinos Antonio Montero.
-Amavida 2019 de Bodega Alanís.
-Gran Alanís 2019 de Bodega Alanís.
-Raíces del Miño Cepas Autóctonas 2017 de Castrelo das Pedras.
-Finca Viñoa Paraje Penaboa 2014 de Finca Viñoa.
-Manar dos Seixas 2017 de Gallina de Piel.
-Ramón do Casar Godello 2018 de Adega Ramón do Casar.
-Ramón do Casar Lento 2017 de Adega Ramón do Casar.
-Ramón do Casar Nobre 2018 de Adega Ramón do Casar.
-Viña Costeira 2019 de Viña Costeira.

Medallas de Bronce:

-Libro 2018 de Antonio Cajide Gulín.
-Sameirás blanco 2018 de Antonio Cajide Gulín.
-Raíces del Miño Vinos de Aldea Treixadura 2017 de Castrelo das Pedras.
– Deseu Treixadura 2019 de Adega Deseu.
-Finca Viñoa Embotellado Tardío 2016 de Finca Viñoa.
-Finca Viñoa Treixadura 2019 de Finca Viñoa.
-Manar dos Seixas 2018 de Gallina de Piel.
-Modus Vivendi 2019 de Viña Costeira.
– Tamborá Godello 2019 de Viña Costeira.
– Extramundi blanco 2018 de Pazo Tizón.
-Priorato de Razamonde blanco 2016 de Priorato de Razamonde.
-Ramón do Casar Treixadura 2019 de Adega Ramón do Casar.
-Terra Minei Treixadura 2019 de Francisco Fernández Sousa.
– Colección 68 2019 de Viña Costeira.

“Commended” (Distinción):

-Ailalá Treixadura 2018 de Ailalá Ailalelo.
-Benedictus Fructus Barrica Godello 2018 de Bodegas Val de Souto.

Juan Casares Gándara, presidente do C.R.D.O. Ribeiro, engade ante estes magníficos resultados que “con estos galardóns a D.O. Ribeiro resulta ser a máis premiada de Ourense, e isto fai novamente entrever que seguimos no camiño da calidade e profesionalidade que emprendemos xa fai algúns anos nesta denominación de orixe”.