A Feira do Viño do Ribeiro presenta a súa programación

PROGRAMACIÓN DA 60ª FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO

Ribadavia, 13 de abril de 2023

A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 60ª edición, terá lugar os vindeiros días 28, 29 e 30 de abril de 2023, no recinto da Alameda en Ribadavia (Ourense), presenta as actividades que se levarán a cabo na presente edición.

O pregoeiro desta edición tan especial será Don Juan Antonio Bande Alonso, membro fundador da Feira do Viño do Ribeiro no ano 1964, historia viva do evento pola súa participación e colaboración, sendo ademais o único membro dos fundadores que continúa con vida.

Outro detalle co que a organización quixo lembrar o 60 aniversario do evento foi o deseño do cartel pois fíxose unha readaptación do cartel da edición inaugural, levada a cabo por Francisco Sánchez.

Neste ano participarán un total de 35 adegas que ofrecerán os seus viños a todos os visitantes que se acheguen ata Ribadavia durante os días do evento.

O público deberá mercar a súa copa na caseta de venda de copas (na entrada do recinto) e, posteriormente, visitará as casetas das adegas onde poderá optar por degustar os viños mediante a proba (pequena cantidade de viño para catar o viño), copa ou por botella. Cada opción terá un prezo diferente que marcará cada adega.

Entre as principais actividades destacan os showcookings e catas comentadas con cociñeiros e sumilleres de recoñecido prestixio (entre eles Josep “Pitu” Roca, considerado un dos mellores sumilleres do mundo), RibeiroBUS, a cata popular, a zona gastronómica con pulpeira e Food Trucks, actuacións musicais en sesións de viño aperitivo e nocturnas, zona infantil, Botella Xigante, visitas guiadas ao Castelo e ao Museo do Viño de Galicia, etc.

PROGRAMACIÓN DA “60ª FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO”

VENRES 28 DE ABRIL:

HORARIO DO RECINTO: de 19.00 h a 23.00 h.
INAUGURACIÓN, ÁS 19:00 h. pregón Inaugural a cargo de Don Juan Antonio Bande Alonso, membro fundador da Feira do Viño do Ribeiro no ano 1964.

CATA POPULAR: de 16.00 – 21.00 h (Local Social da Madalena)
Para participar na cata popular é imprescindible mercar as entradas na porta. Prezo entrada:7€

ACTUACIÓNS MUSICAIS
SESIÓN NOCTURNA:
Ás 21.30 h, no palco da Alameda: “SR JINGLES”

SÁBADO 29 DE ABRIL:

HORARIO DO RECINTO: de 11:00 h a 23.00 h. (ininterrompido)
CATA POPULAR: DE 12:00 – 14:00 h e de 16:00 – 21:00 h (Local Social da Madalena)
Para participar na cata popular é imprescindible mercar as entradas. Prezo entrada:7€

ACTIVIDADES ENOGASTRONÓMICAS
Para participar nas actividades é imprescindible mercar as entradas a través da Oficina de Turismo de Ribadavia ou na caseta de venta de copas os días do evento.
Compra de entradas: Oficina de Turismo de Ribadavia (988471275) turismo@ribadavia.es
Lugar: Aula de cata no recinto da feira.

12.00 h Obradoiro de Cociña *.
Imparte: Marcos Arufe Blanco, cociñeiro gañador do concurso Talentos by Abril, de Aceites Abril.
Contarase coa presenza da sumiller Susana Barros, que maridará os pratos elaborados cos viños do Ribeiro.
Prezo entrada:5€

18.00 h Presentación do IES O Ribeiro.
Imparte: Persoal docente do IES O Ribeiro.
Grao medio: Aceites de Oliva e Viños.
Grao superior: Vitivinicultura

19.00 h Obradoiro de Cociña *.
Imparte: Miguel González, cociñeiro do Restaurante Miguel González (Pereiro de Aguiar – Ourense – 1 Estrela Michelín).
Contarase coa presenza da sumiller Susana Barros, que maridará os pratos elaborados cos viños do Ribeiro.
Prezo entrada: 5€

ACTUACIÓNS MUSICAIS
SESIÓN VIÑO APERITIVO:
Ás 14.00 h, no palco da Alameda: “NASTASIA ZÜRCHER”
SESIÓN NOCTURNA:
Ás 21.30 h, no palco da Alameda: “CORA VELASCO”

DOMINGO 30 DE ABRIL:

HORARIO DO RECINTO: de 11:00 h a 23.00 h. (ininterrompido)

ACTIVIDADES ENOGASTRONÓMICAS
Para participar nas actividades é imprescindible mercar as entradas a través da Oficina de Turismo de Ribadavia ou na caseta de venta de copas os días do evento.
Compra de entradas: Oficina de Turismo de Ribadavia (988471275) turismo@ribadavia.es
Lugar: Aula de cata no recinto da feira.

12.30 h MasterClass “Viños Tostados do Ribeiro” *.
Imparte: Josep “Pitu” Roca, sumiller do restaurante El Celler de Can Roca (Girona – 3 Estrelas Michelín).
Prezo entrada: 15€

13.45 h Entrega dos premios da Cata Popular da Feira do Viño do Ribeiro.
Presentación do resultado do concurso da Cata Popular da Feira do Viño do Ribeiro

18.00 h Cata “Concurso por parellas”.
Imparte: Guiada polas sumilleres Susana Barros e Mariña Fernández (do grupo Abastos). Inscricións de balde.

19.30 h Obradoiro de Cociña *
Imparte: Javier Olleros, cociñeiro do Restaurante Culler de Pau (O Grove – 2 Estrelas Michelín)
Contarase coa presenza da sumiller Mariña Fernández (do grupo Abastos), que maridará os pratos elaborados cos viños do Ribeiro.
Prezo entrada: 5€

ACTUACIÓNS MUSICAIS SESIÓN NOCTURNA:
Ás 21.30 h, no palco da Alameda: “SOUL & ROLL”

ACTIVIDADES PARALELAS:

CATA POPULAR
A Cata Popular da Feira do Viño do Ribeiro está organizada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro. Está dirixida ao público en xeral e a súa orixinalidade radica en que o público é o que cata e premia os mellores viños segundo o seu criterio. As marcas participantes son as presentadas polas adegas presentes na feira e serán catadas a cegas, é dicir, sen coñecer o nome do viño. Dela sairán galardoados os mellores viños así como os mellores catadores.

BOTELLA XIGANTE FVR “A FALA DO RIBEIRO”
Botella de viño de máis de 6 metros situada no recinto da Alameda.
Visita libre.

AUTOBÚS TURÍSTICO “RibeiroBUS”
Inclúe entrada ao Museo do Viño de Galicia
Sábado e Domingo
Lugar: Fronte ao Castelo
Horario de saída: 11:00 h, 12:30 h, 17:30 h e 19:00 h
Prezo: 5 €
Compra de entradas: Oficina de Turismo de Ribadavia (988471275) turismo@ribadavia.es
ou no propio autobús.

VISITA AO MUSEO DO VIÑO DE GALICIA
Venres, Sábado e Domingo
Lugar: Museo do Viño de Galicia (Santo André de Camporredondo)
Horario: 10:00 h – 21:00 h

VISITAS AO CASTELO DOS SARMIENTO DE RIBADAVIA
Venres, Sábado e Domingo
Horario: de 10:00 a 14:30 h e de 16:00 a 20:00 h
Entrada pola Oficina de Turismo, na Praza Maior.
Compra de entradas: Oficina de Turismo de Ribadavia (988471275) turismo@ribadavia.es

EXPOSICIÓN “CARTEIS HISTÓRICOS DAS EDICIÓNS DA FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO”.
Lugar: Local Social da Madalena, en Ribadavia.
Horario Venres: 16:00 – 21:00 h / Sábado: de 12:00 – 14:00 h e de 16:00 – 21:00 h

Zona Gastronómica: FOOD TRUCKS e PULPO
Pulpeira Carmen Ruzo (Arcos – Carballiño)
Misco-midas FoodTruck
La Taquilla
La Pavoneta
Pink&Mint American Dinner

ZONA INFANTIL “Ribeirolandia”
Actividades para nenos con inflables e monitores.
Horario: venres: 19.00 h a 21.30 h
Sábado e domingo: 11.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 21.00 h
Prezo: 5€/nen@ – día completo.
Venta de pulseiras: na entrada da picuxa.

FESTIVALIÑO ON THE ROAD
Espectáculo infantil de animación e curtametraxes. Para neno/as de 0 a 12 anos.
Horario: Sábado: 12.00 h a 14.00 h e de 18.00 h a 20.00 h
Entrada de balde.

Más información: https://www.ribeiro.wine/es/feiravinoribeiro