Aurelio Vázquez, Presidente da Asociación de Sumilleres Gallaecia: “Os brancos 2020 do Ribeiro destacan polo seu equilibrio e elegancia”

A sede do Consello Regulador da D.O. Ribeiro foi o escenario para a cata das Distincións así como para a Guía Luis Paadín de Vinos y Bodegas de Galicia

Ribadavia, 02 de agosto de 2021.

A sala de catas do Consello Regulador da D.O. Ribeiro, en Ribadavia, foi o escenario da cata para a concesión dos galardóns “Distincións Gallaecia 2021” aos mellores viños e para a elaboración da edición 2022 da Guía Luis Paadín de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia. Nela participaron 130 viños da Denominación de Orixe Ribeiro, entre brancos e tintos que foron catados por membros da Asociación de Sumilleres Gallaecia e catadores invitados. Desta cata sairán seleccionados os mellores viños da D.O. Ribeiro segundo o criterio dos expertos.

Aurelio Vázquez, presidente da Asociación de Sumilleres Gallaecia, define a cata realizada en Ribadavia como unha das máis interesantes. “Dela destaco o equilibrio e a elegancia dos viños da colleita 2020 á que se lle augura un gran futuro. Tamén quero salientar a complexidade nos viños de anadas anteriores. Nos tintos obsérvase unha gran evolución destacando a súa boa entrada en boca e o bo trato que se está a facer coas crianzas en barrica. En resumo, os do Ribeiro son viños elegantes e de gran persistencia. ”

Os profesionais que formaron o panel de cata foron:

  • Alberto Ruiz. Asociación de Sumilleres de Asturias (Oviedo)
  • Alejandro Moreno. Chef (Madrid)
  • Alejandro Paadín. Vicepresidente Gallaecia (CEO Paadín Eventos-A Coruña)
  • Aurelio Vázquez. Presidente Gallaecia (Propietario Casa Aurelio – Santa Comba)
  • Daniel Cortés. Sumiller Vinoteca La Mercería (Madrid)
  • Isidro Roddríguez. Membro da Asociación de Sumilleres de Zamora
  • Javier Facal. Sumiller Grupo A Mundiña (A Coruña)
  • Joel Forján. Sumiller Casa Aurelio (Santa Comba)
  • Juan Andrés Gómez. Membro da Asociación de Sumilleres de Zamora
  • Luis Paadín. Director Guía de Vinos de Galicia (A Coruña)
  • Manuel Corralero. Sumiller-Xefe de Sala Restaurante Esencia (Santiago de C.)
  • Natalia Cid. Tesoureira  Gallaecia (A Coruña)
  • Pablo Vidal. Adegueiro
  • Pedro Sestayo. Secretario Gallaecia (Presidente Tribunal IES Xunta de Galicia – Pontevedra)
  • Santiago Castro. Director Técnico C.R.D.O. Toro
  • Víctor López. Sumiller Viñoteca O Carro (A Coruña)
  • Xabier Barcala. Sumiller Viñoteca Comoviño (Santiago de Compostela)