
Ribadavia, 28 de novembro de 2025.
Bodega Alanís presentou onte os seus viños brancos AmaVida Treixadura, Gran Alanís e Gran Alanís Castes Brancas da man do seu enólogo, Antonio Muñoz, para un cheo absoluto na última sesión da undécima edición do ciclo “CatArte”. Nesta ocasión, estiveron harmonizados con petiscos gastronómicos de Galicia Calidade presentados pola catadora Salomé Beiroa e acompañados por las versións musicais do grupo ourensán Besbellos, banda de versións de clásicos do blues, do soul e do jazz, pasados por un filtro rockeiro.

O evento incluíu a degustación dos tres viños harmonizados gastronomicamente con queixos, embutidos e propostas doces e tivo lugar na primeira planta do Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense, onde está situada a recentemente inaugurada exposición “Como válvula de escape. Locus Amoenus. Friso”, de Baldomero Moreiras, inspirada no “locus amoenus” ou lugar natural idílico, seguro e agradable. A mostra xira ao redor dun políptico de case 40 metros que vai percorrendo as diferentes gamas de cor.
Fundada no 1910, Bodega Alanís leva máis de 100 anos creando viños singulares e de calidade. O secredo dos seus longos anos de bo facer: unha coidada selección de uva en orixe, potenciando as variedades autóctonas, como a Treixadura e o Godello e un exquisito proceso de elaboración fusionando a tradición e a vangarda tecnolóxica.

La banda Besbellos ofreceu aos asistentes unha xornada moi animada para enriquecer con máis aromas e sabores unha experiencia vitivinícola da máis alta calidade. O encanto da sala do Centro Cultural xunto coas sensacións da degustación dos viños de Alanís e os sons del blues e del soul confluíron nunha maridaxe que rozou a perfección.
Nesta undécima edición continuouse coas catas solidarias e todo o recadado coa venda de entradas solidarias irá dirixido integramente para a Asociación Diabética Auria de Ourense. Entidade sen ánimo de lucro constituída no ano 2002 que ten por misión reunir ás persoas con diabetes da provincia de Ourense e ás súas familias, coa finalidade de mellorar as súas condicións de vida e defender os seus dereitos sanitarios, educativos e sociais.
En xaneiro do vindeiro ano farase entrega do cheque co recadado coa venda de entradas solidarias xunto coas achegas de todos os asistentes durante as tres xornadas que abarcou el ciclo. O evento de entrega celebrarase no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Viño e arte
O ciclo celebrou onte a súa última sesión e estendeuse durante tres xornadas no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, desde o 13 de novembro ata o 27, con presentacións e degustacións de vños de adegas da D.O. Ribeiro xunto con actuacións musicais. O seu aforo estivo limitado a 100 persoas por xornada, e as entradas solidarias foron vendidas a través da plataforma en liña Entradium.com.