Ribadavia, 3 de novembro de 2017
Nesta cuarta edición, continúase coas catas solidarias, solicitando que cada asistente colabore cun donativo dirixido integramente para a ONG Autismo Ourense, asociación que ten como misión promover a calidade de vida das personas con Trastornos do Espectro do Autismo (TEA) e das súas familias ao longo do seu ciclo vital, facilitando e potenciando o seu desenvolvemento integral, mediante a posta en práctica de programas individualizados e específicos que cubran as características, necesidades e intereses de cada un dos seus usuarios. Todas as persoas que apoian esta iniciativa entran nun sorteo de lotes de viño das adegas participantes e merchandising da D.O. Ribeiro.
O grupo, con Tato Vázquez á guitarra, Alex Salgueiro ao órgano Hammond e LAR Legido na batería, durante a actuación fixo unha homenaxe a algunas das figuras máis importantes do xénero soul – jazz das décadas dos 60 e dos 70, reflexando así a frescura e o ritmo dunha época influenciada pola sonoridade do órgano Hammond e facendo desfrutar aos preto de 100 asistentes.
O ciclo celebrarase todos os xoves no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, dende o 2 ata o 30 de decembro con presentacións e degustacións de viños de adegas da D.O. Ribeiro e con accións culturais. O vindeiro 9 de novembro seguiremos coa cata de Cuñas Davia que presentará os viños Cuñas Davia branco, tinto e branco barrica arroupada pola música de MounQup. O 16 de novembro será o momento da realización da cata de Nairoa, que presentará as últimas anadas dos seus viños Alberte e Val de Nairoa ao son da música do dúo Ton Risco & Jacobo de Miguel. O 23 de novembro será o intre de Pazo Casanova que presentará o seus viños Casanova, Pazo Casanova e Finca Viñoa acompañados da danza contemporánea de Nuria Sotelo e Cris Vilariño. E para rematar esta cuarta edición, o broche final poñerao o 30 de novembro a Bodega Alanís, que presentará o seu viño Gran Alanís en harmonía co teatro musical da man de Lili Berlín.