CATA A ARTE 2017

Cata a Arte terá lugar novamente no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense e inclúe presentacións e degustacións de cinco adegas da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia acompañadas de accións culturais paralelas como teatro, danza e música.

Novamente, as catas terán un carácter solidario. O C.R.D.O. Ribeiro colabora coa asociación sen ánimo de lucro Autismo Ourense, polo que nesta cuarta edición, solicitarase aos asistentes un donativo a favor desta entidade.

Catas e accións culturais

As catas comezarán o vindeiro xoves, 2 de novembro, e continuará durante todos os xoves ata finais de mes. O pistoletazo de saída poñerao esta semana Bodegas GRM, que realizará unha degustación dos viños Adeus, A Telleira e 3URA, acompañada da música do trío compostelán Tato Trío.

O vindeiro 9 de novembro seguiremos coa cata de Cuñas Davia que presentará os viños Cuñas Davia branco, tinto e branco barrica arroupada pola música de MounQup.

O 16 de novembro será o momento da realización da cata de Nairoa, que presentará as últimas anadas dos seus viños Alberte e Val de Nairoa ao son da música do dúo Ton Risco & Jacobo de Miguel.

O 23 de novembro será o intre de Pazo Casanova que presentará o seus viños Casanova, Pazo Casanova e Finca Viñoa acompañados da danza contemporánea de Nuria Sotelo e Cris Vilariño.

E para rematar esta cuarta edición, o broche final poñerao o 30 de novembro a Bodega Alanís, que presentará o seu viño Gran Alanís en harmonía co teatro musical da man de Lili Berlín.

NOVAS

21 Novembro, 2025

Os viños de Bodegas Casal de Armán seducen os padais do “CatArte”

Ribadavia, 21 de novembro de 2025. Bodegas Casal de Armán ofreceu onte, na segunda sesión do ciclo “CatArte”, unha degustación e presentación de tres dos seus viños […]
13 Febreiro, 2023

O C.R.D.O. Ribeiro entrega o cheque solidario coa recadación do Ciclo “Cata a Arte” no Centro Cultural Marcos Valcárcel

Ourense, 10 de febreiro de 2023. O C.R.D.O. Ribeiro xunto co Centro Cultural Marcos Valcárcel, uníronse a favor da asociación sen ánimo de lucro AODEMPER, Asociación […]
2 Decembro, 2022

Bodega Alanís e o ilusionismo de “Magia en la Manga” clausuran o ciclo “Cata a Arte” 2022

Ribadavia, 02 de decembro de 2022. Bodega Alanís presentou onte o seu viño branco Gran Alanís 2021 da man do seu enólogo, Antonio Muñoz, para unha […]
18 Novembro, 2022

Os viños de Viña Costeira ao son do blues de Néstor Pardo conquistan aos asistentes ao “Cata a Arte” en Ourense

Ribadavia, 18 de novembro de 2022. A adega Viña Costeira presentou onte da man do seu enólogo, Manuel Castro, na terceira das xornadas do ciclo “Cata […]
24 Novembro, 2017

Pazo de Casanova combina os seus viños coa danzas das bailarinas Nuria Sotelo e Cris Vilariño

  Bodega y Viñedos Pazo de Casanova, situada en Santa Cruz de Arrabaldo, Ourense, presentou onte os seus viños brancos Casanova, Pazo Casanova e Finca Viñoa, […]
17 Novembro, 2017

Nairoa, Ton Risco e Jacobo de Miguel protagonizan o terceiro evento de Cata a Arte en Ourense

  Nairoa, a adega sita no corazón de Arnoia, presentou onte os seus viños Alberte e Val de Nairoa na terceira xornada do ciclo “Cata a […]