Datos xerais da vendima 2017

 

A vendima na Denominación de Orixe Ribeiro chegou cun adianto con respecto a campaña anterior de 15 a 20 días dependendo das zonas e variedades de uva. Comezouse a vendimar o día 18 de agosto con adegas moi puntuais, debido a que o realizar o control de maduración das uvas este xa se atopaba no momento óptimo para recoller a uva. A maioría de adegas iniciaron a vendima o día 28 de agosto trala tormenta con graínzo do día 27.

Data de inicio de vendima 2017: 28 de agosto de 2017

Data de fin de vendima 2017: 20 de outubro de 2017

As principais diferenzas coa campaña anterior foron:

1- A vendima comezou con moita antelación con respecto a 2016.

2- A recollida de uva se desenvolveu en tres etapas diferentes, abarcando o mes de agosto, setembro e outubro mentres que na vendima 2016 se concentrou a maioría no mes de setembro e en menor medida no de outubro.

3- A produción será inferior a da vendima 2016.

A campaña de recolección desenvolveuse en tres etapas:

– Primeira etapa: foi de aquela uva que trala pedra caída no día 27 de agosto era necesario unha recoller urxentemente e o máis rápida posible para evitar calquera problema que puidera sufrir a calidade da uva, o cal se conseguiu na súa totalidade.

– Segunda etapa: foi a da vendima en condicións normais, onde se recepcionou a maior cantidade de kilos de uva.

– Terceira etapa: foi a dos últimos días do mes de setembro e durante o mes de outubro das uvas das cepas que trala xeada sufrida no mes de abril recuperaron e rebrotaron, e as cales acadaron o grado de maduración óptimo nestas datas.

A pesares de todas as adversidades climatolóxicas sufridas, os acios tiveron unha maduración equilibrada e óptima en toda as variedades, sendo incluso maior a acadada na vendima anterior; a acidez foi boa así como a masa foliar que tiñan as plantas, as cales axudaron a que a fotosínteses desenrolara unha boa compensación de azucres. Todo axudado de unha benévola climatoloxía e con un tempo cálido que fixo que a recollida da uva fora nunhas condición sanitarias excelentes e moi sans.

Como conclusión, indicar que aínda que a produción da colleita 2017 será inferior a da vendima anterior, esta campaña está resultando altamente positiva para a calidade dos viños do Ribeiro xa que, como se indica anteriormente, a uva que entrou en adega se atopa en condicións sanitarias excelentes e cunhas condicións fisicoquímicas moi boas para a obtención dos viños de calidade cos que conta esta Denominación de Orixe.

 

KG. TOTAIS DE UVA NA COLLEITA 2017 POR VARIEDADES (*)

(*) Estes datos poden sufrir pequenas variacións ao atoparse pendentes das declaracións de colleita que realizarán adegas e viticultores

 

COMPARATIVA DE VARIEDADES

(*) Variedad preferente legalmente amparada en el Pliego de Condiciones publicado en enero de 2017

 

COMPARATIVA DE CAMPAÑAS

 

COMPARATIVA DE COLLEITAS

 

Nº ADEGAS ELABORADORAS