O C.R.D.O. Ribeiro e a produtora Portocabo presentan en Ourense os 10 vídeos promocionais “Cuñados na D.O. Ribeiro”

Ourense, 19 de maio de 2021.

O C.R.D.O. Ribeiro xunto coa produtora coruñesa Portocabo veñen de presentar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, de Ourense, unha serie de 10 capítulos coos vídeos denominados “Cuñados na D.O. Ribeiro”. O evento tivo lugar esta mañá ás 11.30 horas e participaron Juan Casares Gándara, presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Alfonso López Montaña, director de desenvolvemento de negocio de Portocabo, e César Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense.

Os vídeos son o spin-off da exitosa película Cuñados, onde os seus actores principais Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez visitan diferentes puntos clave situados na D.O. Ribeiro, como o Mosteiro de San Clodio, o embalse de Castrelo de Miño ou o Museo do Viño de Galicia, e relatan as súas experiencias neses lugares tan significativos e algunha que outra anécdota divertida na zona durante a rodaxe da película.

O presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Casares, sinala que “estamos ante a acción promocional máis importante para a D.O. Ribeiro nos últimos anos, e queremos que todo o público coñeza o Ribeiro e con estos 10 vídeos descubrímoslles todas as potencialidades da zona: as persoas, o territorio, a paisaxe, o patrimonio, a cultura, o termalismo e, como non, o viño. Consumir viño da D.O. Ribeiro xera emocións, pero consumilo no territorio xera enocións”.

Algúns datos relevantes sobre a película Cuñados

Cuñados converteuse na película rodada en galego coa estrea máis grande da historia, con máis de 120 salas na súa primeira fin de semana da súa estrea. E na segunda semana de exhibición aumentou o número de copias superando as 130 salas en todo el territorio español.

A película Cuñados é a mellor estrea española no que vai de ano, con máis de 43.000 espectadores acumulados en toda España dende a súa estrea o9 de abril.

Lidera, tamén,  a venda de entradas en Galicia, onde cada día foi a película escollida polos espectadores. Mantense como o filme máis taquillero e máis visto en Galicia por sexta semana dende a súa estrea en cinemas.