O Festival Enomusical “Ribeiro Son de Viño” cumpre 12 años en San Vicente do Mar 

La Habitación Roja, Delafé y las flores azules, Luna Sujatovich, Tangomango e Toni B. Willish DJ protagonizan esta nova edición deste evento tan especial 

A Vilerma, Alanís, Marieta, Villanueva e Viña Costeira serán as cinco adegas que harmonizarán cos seus viños, brancos e tintos, a música na praia da Barrosa

Ourense, 17 de xuño de 2025.

O C.R.D.O. Ribeiro organizou unha completa xornada para celebrar a edición número 12 do xa coñecido festival enomusical Ribeiro Son de Viño. O evento, que inclúe concertos de recoñecidos artistas do horizonte musical combinados con degustacións de viño, celebrarase o sábado 12 de xullo no entorno paradisíaco do Náutico de San Vicente do Mar, O Grove, Pontevedra, cunha intensa cita en horario de 12.00 a 22.00 horas.

Esta mañá tivo lugar a presentación oficial do festival no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense) cun acto no que a presidenta do C.R.D.O. Ribeiro, Concha Iglesias, desvelou todos os detalles do evento e engadiu que “este festival é unha das accións promocionales máis agardadas polo público de todas as que se organizan ao longo de todo o ano. Aqueles interesados en asistir deberán darse présa en adquirir as entradas, porque xeralmente voan”. Estivo acompañada por César Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense e Francisco González, director Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Esta edición contará coa presenza en directo de La Habitación Roja e o seu pop-rock indie en español, tamén estará Luna Sujatovich coas súas cancións eclécticas e profundas con aires do jazz, rock alternativo e ritmos de folklore local arxentino. Delafé y las flores azules repartirán o seu “AMOR”, o seu novo álbum, onde nos ofrecerán unha reflexión sobre a forza do amor de múltiples xeitos. Poderase gozar tamén da sesión de boa música do DJ Toni B. Willish, así como do soul-funk en español da banda viguesa Tangomango.

A xornada, que terá lugar no recinto pegado á praia da Barrosa, ofrecerá aos asistentes a oportunidade de gozar de magníficas actuacións musicais en directo mentres degustan os vinos de cinco adegas: A Vilerma, Alanís, Marieta, Villanueva e Viña Costeira. O público asistente poderá adquirir o vino (por copa ou por botella) directamente nos mostradores individuais de cada unha das adegas.

As entradas, cun prezo de 17€ (máis gastos de xestión), poderanse adquirir na páxina web do Náutico de San Vicente. A venda estará limitada a un total de 400 entradas e está permitido o acceso a menores acompañados.

A organización do festival anima a participar para brindar cos mellores viños pola positividade, a boa música, e por seguir compartindo un dos plans imprescindibles do verán galego.

Entradas para Ribeiro Son de Viño San Vicente á venda en:
https://nautico.entradas.plus/entradas/es/entradas-musica-12-festival-ribeiro-son-de-vino

La Habitación Roja

La Habitación Roja é un grupo de pop-rock indie español, formado en 1994 e orixinario da localidade valenciana de La Eliana. Está formado por Jorge Martí (vocalista e guitarra), Pau Roca (guitarra), Marc Greenwood (baixo) e José Marco (batería).

Delafé y las flores azules

Son o dúo formado por Óscar d’Aniello e Helena Miquel. Presentarán “Amor”, una canción-disco que supón o regreso de Delafé y Las Flores Azules despois de doce anos, pero tamén é o seu adeus en formato disco.

Luna Sujatovich

Luna Sujatovich é cantante, compositora, arreglista e pianista nacida en Buenos Aires (Argentina). Nas súas cancións, Luna percorre diferentes paisaxes musicais, pasando da fusión do jazz-rock a sons rioplatenses, todo aderezado coa súa impronta de artista multifacética. Cancións eclécticas e profundas con aires de jazz, rock alternativo, folklore local e ritmos do Río de la Plata.

Tangomango

Trátase dunha banda de soul-funk moi americano, cantado en español, chegada dende Vigo. O grupo é relativamente novo, pero formado por músicos veteranos: Toño López, que lidera o grupo, acompañado por Cibrán Rey (batería); Guillermo Gagliardi (guitarra); Diego Alonso, ‘Tornado’ (saxofón); Julio Llorca (baixo); Antonio López ‘Monano’ (teclados); Carlos Docampo (percusión) e Andrea Pérez (saxofón).