VIÑO TOSTADO

Os tostados e escumosos apenas alcanzan o 1%.

Viño naturalmente doce de larga tradición en Ribeiro. Unha auténtica xoia enolóxica de produción laboriosa, complexa e moi escasa.

Para a súa elaboración unicamente se utiliza o mosto procedente da selección das mellores uvas autóctonas pasificadas a cuberto. É un viño doce intenso, complexo e peculiar. Aromas de froitos secos e confitados, mel, flores amarelas, doce de marmelo, pel de laranxa confitada. Viños concentrados con bo equilibrio entre a acidez e o dulzor. Untuosos, aveludados e moi persistentes no padal.

Elaboración del Tostado Ribeiro