Os premios ‘Decanter World Wine Awards’ outorgan 27 galardóns á D.O. Ribeiro

Seis pratas e 21 bronces foron entregados a viños brancos e tintos de varias colleitas

Ribadavia, 09 de xullo de 2021.

A D.O. Ribeiro vén de recibir un total de 27 galardóns nos premios ‘Decanter World Wine Awards’, que publicaron recentemente os seus resultados, dun concurso internacional de viño que tivo lugar en Londres do 14 ao 28 de xuño.

As seis distincións de prata foron para os viños Adega do Moucho 2018 do colleiteiro Francisco García Pérez, Casal de Armán blanco 2019 e Casal de Armán tinto 2019 da adega homónima, Cunqueiro III Milenium 2019 de Bodegas Cunqueiro, Ramón do Casar Nobre Treixadura 2019 da adega co mesmo nome e Tamborá 2020 de Viña Costeira.

Por outra banda, os 21 galardóns de bronce recaeron nos viños Alter 2019, Alter tinto 2018, Amavida Treixadura 2020, Antonio Montero Autor 2020, Benedictus Fructus 2020, Catro Parroquias Treixadura 2020, Finca Viñoa Treixadura 2019, Manar dos Seixas 2019, Meu Treixadura 2020, Modus Vivendi 2020, O Alborexar 2019, Pazo Tizón 2019, Pazo Tizón Cuvée Especial Finca 2019, Raíces del Miño Tinto Galaico 2018, Raíces del Miño Cepas Autóctonas 2018, Raíces del Miño Treixadura 2018, Ramón do Casar 2020, Ramón do Casar Godello 2019, Ramón do Casar Lento 2017, Ramón do Casar Treixadura 2020 e Viña Costeira 2020.

“Unha vez máis, os profesionais rememórannos a alta calidade dos nosos viños, e ter 27 medallas neste concurso internacional é unha gran nova e é grazas ao magnífico traballo que están a desenvolver viticultores, colleiteiros e adegas nesta Denominación de Orixe con tanta historia” comenta o presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Casares.

Decanter World Wine Awards

Os premios Decanter World Wine Awards, que celebraron este ano a súa 18ª edición, son un dos concursos de viños máis importantes e prestixiosos do mundo. Os DWWA deben a súa reputación internacional ao seu rigoroso proceso de avaliación, cun xurado composto polos mellores catadores a nivel internacional. Cataron un total de 18.094 viños de 56 países. Durante 15 días consecutivos 170 xuíces expertos en viños, incluídos 44 Masters of Wine e 11 Master Sommeliers, outorgaron as medallas: 50 Best in Show, 179 Platinum, 635 Gold, 5.607 Silver e 8.332 Bronze.