Pedro T. Sestayo, presidente da Asociación de Sumilleres Gallaecia: “Os viños do Ribeiro son moi versátiles e gardan a súa frescura”

A sede do Consello Regulador da D.O. Ribeiro foi o escenario para a cata das Distincións así como para a Guía Luis Paadín de Vinos y Bodegas de Galicia

Ribadavia, 12 de xullo de 2022.

A sala de catas do Consello Regulador da D.O. Ribeiro, en Ribadavia, foi o escenario da cata para a concesión dos galardóns “Distincións Gallaecia 2022” aos mellores viños e para a elaboración da edición 2023 da Guía Luis Paadín de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia. Nela participaron 150 viños da Denominación de Orixe Ribeiro, entre brancos e tintos, que foron catados por membros da Asociación de Sumilleres Gallaecia e catadores invitados. Desta cata, cun 15% máis de viños que o ano pasado, sairán seleccionados os mellores viños da D.O. Ribeiro segundo o criterio dos expertos.

Pedro T. Sestayo, presidente da Asociación de Sumilleres Gallaecia, define a cata realizada en Ribadavia como moi dinámica. “Os viños da colleita 2021, sendo unha anada moi complicada, son frescos, sen demasiada complexidade, onde a anada está moi marcada. Apréciase moito o traballo dos que o fan ben. Atopámonos viños de colleitas anteriores, como por exemplo algúns da 2020 ou 2019, que son espectaculares, gardan a súa complexidade da colleita e agora amósanse máis maduros. Considero que máis adegas deberían gardar os seus viños en adega e sacalos ao mercado máis tarde para que o público final poida gozar máis deles, como o facemos nós. Nos viños tintos saliento a súa enorme versatilidade, atopamos viños maduros, outros máis frescos, algúns nos que predominan os aromas primarios, outros con primarios e terciarios, e en xeral, non perden a súa frescura. Podémolos definir como moi atlánticos. En resumo, os do Ribeiro son viños moi versátiles e frescos. ”

Os profesionais que formaron o panel de cata foron:

Alberto Ruiz – Sumiller rte. Arbidel (Asturias) *Michelín
Alberto Tobes – Director Técnico Experimentación C.R.D.O. Ribera del Duero
Alejandro Paadín – CEO Paadín.es
Aurelio Vázquez  – Sumiller e propietario Casa Aurelio (Santa Comba)
Isidro Rodríguez – Asociación de Sumilleres de Zamora
Iván Pateiro – Enólogo
Jacobo Domínguez – CEO Distribuciones M&D (Santiago de Compostela)
Javier Facal – Sumiller Grupo A Mundiña (A Coruña)
Joel Forján – Sumiller D’Lito (Santiago)
Juan Andrés Gómez – Asociación de Sumilleres de Zamora
Julio Blanco – Tesoureiro Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia
Manuel Corralero – Sumiller
Natalia Cid – Sumiller rte. Xardín de Anceis (Cambre)
Noah Chichester – Tradutor especializado en viño
Pablo Fernández – Sumiller
Pablo Franco – Director técnico do C.R. D.O. Ca. Rioja
Pedro T. Sestayo Riveiro – Presidente Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia
Santiago Castro – Director Técnico do C.R.D.O. Toro
Víctor Facorro – Sumiller
Xabier Barcala – Sumiller