Profesionais catadores premiarán os mellores viños da colleita 2019 da D.O. Ribeiro

A mediados de decembro celebrarase o acto de entrega de premios

Ribadavia, 17 de novembro de 2020. O C.R.D.O.

Ribeiro celebra hoxe a precata para elixir os mellores viños da Denominación de Orixe Ribeiro da colleita 2019 en brancos e de 2018-2019 en tintos. O acto terá lugar nun amplo salón do Hotel Laias Caldaria, para poder cumprir coa distancia social entre os catadores. Neste concurso participarán as marcas correspondentes á última anada das adegas inscritas nos rexistros da Denominación de Orixe Ribeiro que cumpran os requisitos establecidos. Preséntanse un total de 60 viños.

Juan Manuel Casares comenta “con esta precata damos o pistoletazo de saída dos Premios D.O. Ribeiro, que se as circunstancias non cambian, entregaremos nun acto mixto, presencial e online, tanto aos mellores viños da D.O. como ás personalidades do mundo do viño e ás mellores iniciativas profesionais a mediados do vindeiro mes”.

Na cata de hoxe sairán seleccionados seis viños en cada unha das catro categorías existentes (viños brancos e tintos de colleiteiro e viños brancos e tintos de adegas). A cata será cega ao 100% (é dicir, os catadores non coñecerán as marcas dos viños, que se servirán tapadas por unhas fundas opacas). Destas marcas, seleccionaranse os gañadores (un único premio por categoría) a vindeira semana, na cata final que terá lugar novamente en Laias (Cenlle) e que contará cun xurado composto polos catadores:

– Aarón Álvarez Fernández (Asociación Galega de Sumilleres-AGASU)
– Constantino Iglesias Fernández (Asociación Galega de Catadores)
– Luis Buitrón Barrios (Asociación Galega de Enólogos)
– Waldo Carreiras Albo (Asociación de Sumilleres Gallaecia)
– Antonio Santamaría Meréns (panel cata C.R.D.O. Ribeiro)
– José Meréns Martínez (panel cata C.R.D.O. Ribeiro)
– María Isabel Gómez Soriano (panel cata C.R.D.O. Ribeiro)
– José Luis Fernández Gómez (panel cata C.R.D.O. Ribeiro)

Recollida de mostras

As mostras presentadas á Cata Oficial dos Viños da D.O. Ribeiro foron recollidas por unha comisión do Consello Regulador a finais do mes de outubro. Fóronse recollendo en cada unha das adegas interesadas cuns volumes mínimos de botellas:

– Para adegas de 1.000 botellas de 0.75 litros no caso de viños brancos e 500 botellas de 0.75 litros nos viños tintos.
– Para as adegas de colleiteiro 500 botellas de 0.75 litros en viño branco e 250 botellas de 0.75 litros nos viños tintos.