Profesionais do mercado americano visitan a D.O. Ribeiro 

O C.R.D.O. Ribeiro recibiu a visita de importadores e prescriptores de ambas costas de Estados Unidos, nunha misión inversa organizada conxuntamente coa oficina comercial do IGAPE en Miami

Ribadavia, 07 de novembro de 2022.

Continuando coa aposta pola internacionalización dos viños do Ribeiro, a Denominación de Orixe máis antiga de Galicia recibiu recentemente a visita dn grupo de importadores e prescriptores americanos chegados de ambas costas dos Estados Unidos de América.

Washington, Oregon, California e Florida son os estados representados nesta actividade, na que participaron un total de doce profesionais americanos.

O programa deu comezo coa visita ao Museo do Viño de Galicia para introducir aos profesionais no mundo do viño en toda a comunidade autónoma.

Seguidamente iniciouse coas visitas ás adegas, con cata dos seus viños nas súas propias instalacións, tras coñecer de primera man as variedades de uva autóctonas nos viñedos. Coto de Gomariz, Adegas do Rexudir, Pazo de Toubes, Arco da Vella Adega de Eladio, Cunqueiro, Eduardo Peña, Alanís e Pazo de Casanova foron as visitadas, tendo así os convidados a oportunidade de coñecer distintos proxectos e tipos de adega. “Puideron adentrarse en adegas moi pequenas, medianas e grandes, descubrindo viños monovarietais, plurivarietais e algunhas elaboraciones especiales como o tostado (viño naturalmente doce) ou o escumoso” indica o presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan M. Casares. Así mesmo, organizóuselles tamén unha xornada de “speedtastings” (catas rápidas) onde outras adegas presentaron os seus proxectos e viños nun curto espazo de tempo (30 minutos), para que os presentes puidesen levarse unha maior idea dos produtos vinícolas da zona. “Agardamos que con estas actividades se leven una completa idea de todo o que conforma a D.O. Ribeiro, xa que non so é viño: o territorio, o termalismo, a historia, a gastronomía, a tradición son tamén factores importantes para a zona” engade Casares.

Esta acción, na que o Consello Regulador contou coa inestimable colaboración do IGAPE USA, na súa oficina de Miami, verá a súa continuidade o vindeiro ano con máis accións de achegamento e consolidación neste mercado tan importante para as adegas da D.O. Ribeiro.