CATA A ARTE 2021

A sétima edición do ciclo Cata a Arte, terá lugar novamente no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, inclúe presentacións e degustacións de catro adegas da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia acompañadas de accións culturais paralelas como música, poesía ou literatura.


Novamente, as catas terán un carácter solidario. O C.R.D.O. Ribeiro colabora coa organización Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense (AFAOR), polo que nesta sétima edición, solicitarase aos asistentes un donativo a favor desta organización sen ánimo de lucro que leva 26 anos de traxectoria mellorando a calidade de vida dos seus usuarios e apoiando a coidadores e familiares.

Xoves, 4 de novembro

ARCO DA VELLA. A ADEGA DE ELADIO

Arco da Vella a Adega de Eladio é unha pequena adega familiar que vén dunha saga de antigos viticultores-adegueiros asentados no concello de Beade. Co gallo de seguir a tradición herdada, Benito Eladio Rodríguez Fernández remodela a nova adega dotándoa de maquinaria e elementos de elaboración actuais e cultivando as viñas herdadas inicia, no 2004, nova andaina no seo da D.O. Ribeiro. O camiño a seguir basease nos seguintes propósitos: viticultura: tradicional cuasi ecolóxica en viñas propias e cepa vella, castes autóctonas, sen herbicidas, insecticidas, nin antibotríticos velenosos. Elaboración tradicional con lévedos das propias uvas e temperatura de fervura controlada mediante equipo de frío.

Os Tarabelos

O pistoletazo de saída poñerao Arco da Vella a Adega de Eladio, que realizará unha degustación do seu viño branco Torques do Castro e do tinto Tarabelo, acompañada dun recital poético e de cancións da man do grupo Os Tarabelos, conformado polos artistas Armando González, Andrés Rodríguez, Pepa Álvarez, Curra Figueroa, Antón Alonso e Eladio Rodríguez.

Mércores, 10 de novembro

NAIROA

Nas soleadas ladeiras de Arnoia medran as súas cepas ancestrais, a unha altitude media de 300 metros, onde os solos graníticos e un clima atlántico marcan a calidade das uvas. Unha viticultura tradicional e de baixos rendementos, garante a obtención dunhas uvas nas que se reflicte o carácter varietal e do “terroir”. Así chegan á adega, onde son elaboradas con respecto. A orelas do río Arnoia nun edificio de arquitectura tradicional sitúanse as modernas instalacións de Bodegas Nairoa. Coas mellores materias primas, unha vinificación tradicional e a aplicación dos últimos avances tecnolóxicos están elaborando os seus viños de alta expresión, personais, complexos e harmónicos.

Os Forasteiros

O mércores 10 de novembro será o momento da cata de Nairoa que presentará os viños brancos Alberte, Val de Nairoa, Alberte doble lías e o tinto Alberte ao son country e folk do grupo Os Forasteiros, encabezado por Simone Saibene e en perfecta harmonía con deliciosas propostas gastronómicas.

14/11/2019

Xoves, 18 de novembro

VINOS CON PERSONALIDAD

El proyecto, liderado por Pablo Vidal, se basa en desarrollar vinos de alta calidad en las distintas zonas tradicionales de producción vitícola de Galicia. Recuperan las antiguas elaboraciones con el objeto de recuperar el verdadero carácter de los vinos de esta tierra, mediante ancestrales y naturales procesos de elaboraciones olvidados, pero aplicando viticultura y enología modernas, y respetuosas con el entorno y la viña.

Dúo Slastic

O xoves 18 de novembro continuaremos coa cata de Vinos con Personalidad que presentará o seu viño branco Renacido en cata vertical, das colleitas 2015, 2016, 2017 e 2018 e o seu viño tinto Big Bang harmonizados de bocados gastronómicos ao son da guitarra e o baixo do Dúo Slastic.

Xoves, 2 de decembro

BODEGA ALANÍS

Bodega Alanís leva dende 1910 elaborando magníficos e singulares viños na D.O. Ribeiro potenciando o uso das castes, como Treixadura ou Torrontés. Caracterízase por conciliar de xeito natural a creación de viños modernos co respecto a unha tradición vitivinícola largamente arraigada na zona. A adega goza dunhas modernas instalacións con capacidade para dous millóns de litros, que a consagran como unha das máis grandes da rexión.

Queiman e Pousa

Para rematar esta sétima edición, Bodega Alanís poñerá o broche final o xoves 2 de decembro, onde fará unha degustación do seu viño Gran Alanís 2020 en harmonía con saborosos petiscos e o espectáculo musical de Queiman e Pousa.


27 Xaneiro, 2022

O C.R.D.O. Ribeiro entrega o cheque solidario coa recadación do ciclo “Cata a Arte” na sede de AFAOR en Ourense

Ourense, 26 de xaneiro de 2022. O C.R.D.O. Ribeiro xunto co Centro Cultural Marcos Valcárcel, uníronse a favor da asociación sen ánimo de lucro AFAOR, Asociación de […]
4 Decembro, 2021

Bodega Alanís e Queiman e Pousa poñen o broche final ao ciclo “Cata a Arte” deste año

Ribadavia, 03 de decembro de 2021. Bodega Alanís presentou onte o seu viño branco Gran Alanís 2020 da man do seu enólogo, Antonio Muñoz, para unha […]
19 Novembro, 2021

Os viños Renacido e Big Bang fan vibrar aos asistentes á “Cata a Arte” en Ourense

Ribadavia, 19 de novembro de 2021. Pablo Vidal presentou onte, na terceira das xornadas do ciclo “Cata a Arte”, o seu viño branco Renacido en cata […]
11 Novembro, 2021

Bodegas Nairoa e ‘Os Forasteiros’ protagonizan a segunda xornada de Cata a Arte en Ourense

Bodegas Nairoa e ‘Os Forasteiros’ protagonizan a segunda xornada de Cata a Arte en Ourense Ribadavia, 11 de novembro de 2021. Nairoa, a adega sita no corazón […]
5 Novembro, 2021

Arco da Vella A Adega de Eladio inaugura o Ciclo ‘Cata a Arte’ en Ourense

Ribadavia, 5 de novembro de 2021. Arco da Vella a Adega de Eladio deu onte o pistoletazo de saída á sétima edición do ciclo “Cata a […]
27 Outubro, 2021

O C.R.D.O. Ribeiro e o Centro Cultural Marcos Valcárcel presentan a sétima edición do ciclo “Cata a Arte”

Celebraranse presentacións e degustacións de viños de catro adegas con accións culturais Ourense, 27 de outubro de 2021. O C.R.D.O. Ribeiro vén de presentar esta mañá […]