CATA A ARTE 2018

Cata a Arte 2018, terá lugar novamente no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense e que inclúe presentacións e degustacións de catro adegas da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia acompañadas de accións culturais paralelas como teatro, maxia ou música.

As catas terán un carácter solidario. O C.R.D.O. Ribeiro colabora coa AFFOU, Asociación de Fibromialxia, Síndrome de Fatiga Crónica e Sensibilidade Química Múltiple de Ourense, polo que nesta quinta edición, solicitarase aos asistentes un donativo a favor desta entidade que ten como misión atender as necesidades e todo o que soliciten os máis de 95 socios enfermos en Ourense, co obxectivo de mellorar a calidade de vida do propio enfermo e a súa familia.

Cata a Arte 2017

Catas e accións culturais

As catas comezarán o vindeiro xoves, 8 de novembro, e continuarán durante todos os xoves ata finais de mes.

8 Nov (Adega Catro Parroquias + Mago Deimi)

O pistoletazo de saída poñerao esta semana a Adega Catro Parroquias, que realizará unha degustación dos seus viños Catro Parroquias e Viña Leda, acompañada da maxia humorística do Mago Deimi.

15 Nov (Nairoa + Diego Nóvoa)

O 15 de novembro será o momento da realización da cata de Nairoa, que presentará os seus viños Alberte Doble Lías e Alberte ao son da música do ourensán Diego Nóvoa.

22 Nov (Adegas Celme + Compañía #2 do Teatro Permanente)

O 22 de novembro continuaremos coa cata de Adegas Celme que presentarán os viños Celme de Pena Bicada (branco) e Celme do Souto (tinto), arroupados polo relato teatral de Viño [e familia] da man da Compañía #2 do Teatro Permanente.

23 Nov (Alberte, Terra do Castelo, Val do Deva y Viña Costeira + Eduardo Coma, Violín, y Francisco Rosa, Guitarra)

El próximo viernes 23 de noviembre de 20.00 a 22.00 horas tendrá lugar en el Castillo de Santa Cruz (Oleiros) la actividad cultural "Cata a Arte by D.O. Ribeiro". Esta acción, organizada por el Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro y que ya va por su quinta edición en Ourense, viajará por primera vez hasta Oleiros con motivo de la inauguración de la exposición de arte de la artista María Coira. Durante el evento, cuatro bodegas de la D.O. Ribeiro, Alberte, Terra do Castelo, Val do Deva y Viña Costeira, ofrecerán sus vinos a los visitantes al evento de la mano de los propios bodegueros. Además, para amenizar la velada, contaremos con la actuación musical de Eduardo Coma (Violín) y Francisco Rosa (Guitarra) y de un tradicional magosto para acompañar los vinos de las cuatro bodegas, localizadas en distintos valles de la D.O. Ribeiro. La entrada es gratuita pero en el marco de esta acción, se solicitará un donativo dirigido a la Asociación Mar de Fábula, destinada íntegramente a la limpieza del mar. Si te apetece disfrutar del vino, arte y música, no puedes dejar de acompañarnos en este día tan especial. Acceso: Gratuito (con donativo para la Asociación Mar de Fábula).

29 Nov (Bodega Alanís + L’Appetite Mort)

E para rematar esta quinta edición, o broche final poñerao o 29 de novembro a Bodega Alanís, que presentará o seu viño Gran Alanís en harmonía coa pura esencia do rock espontáneo, en versión ligth, de L’Appetite Mort.

NOVAS

30 Novembro, 2018

Bodega Alanís e L’Appetite Mort clausuran o ciclo “Cata a Arte” con cheo total

Ribadavia, 30 de novembro de 2018 Bodega Alanís presentou onte o seu viño branco Gran Alanís 2017 da man do seu enólogo, Antonio Muñoz, para unha […]
25 Novembro, 2018

A D.O. Ribeiro celebra un “Cata a Arte” especial no Castelo de Santa Cruz, Oleiros

Preto de 250 winelovers se achegaron ao evento para probar os viños das adegas Alberte, Terra do Castelo, Val do Deva e Viña Costeira Oleiros, 24 de […]
23 Novembro, 2018

Adegas Celme presenta os seus viños por primeira vez en “Cata a Arte”

Ribadavia, 23 de novembro de 2018 Adegas Celme, situada na parroquia de Astariz, en Castrelo de Miño, presentou onte os seus viños, Celme de Pena Bicada […]
16 Novembro, 2018

Bodegas Nairoa e Diego Nóvoa protagonizan o segundo evento de “Cata a Arte” en Ourense

16 de novembro de 2018 Nairoa, a adega sita no corazón de Arnoia, presentou onte os seus viños Alberte Doble Lías e Alberte na segunda xornada […]
9 Novembro, 2018

Bodegas Loeda inicia o ciclo “Cata a Arte” en Ourense

9 de novembro de 2018 Bodegas Loeda deu onte o pistoletazo de saída á quinta edición do ciclo “Cata a Arte” coa presentación e degustación dos […]
6 Novembro, 2018

O C.R.D.O. Ribeiro e o Centro Cultural Marcos Valcárcel presentan a quinta edición do ciclo “Cata a Arte”

Celebraranse presentacións e degustacións de viños de catro adegas con accións culturais Ourense, 5 de novembro de 2018 O C.R.D.O. Ribeiro vén de presentar esta mañá […]