VIÑO BRANCO

Representan o 90% da produción total do Ribeiro.

De fama lendaria e recoñecidos internacionalmente, os viños brancos do Ribeiro son o froito da sabia combinación das súas uvas autóctonas e o bo facer dos viticultores, adegas e colleiteiros.

Os viños da D.O. Ribeiro adoitan ser viños novos e con alto potencialde envellecemento en botella.

VARIEDADES PARA LA ELABORACIÓN DEL VIÑO BRANCO

Entre as variedades de uva do Ribeiro diferenciaremos entre,

Preferentes brancas: Treixadura, Torrontés, Godello, Albariño, Loureira, Lado e Caíño blanco.

Autorizadas brancas: Palomino e Albillo.

Preferentes brancas

RB_ub_Treixadura

Treixadura

Os viños que produce son aromáticos, finos e elegantes, con recordos a froitas, delicadas notas florais e toques balsámicos. Elegante e con carácter. En boca son viños saborosos que destacan pola súa grande estrutura, profundidade e frescor.

RB_ub_torrontes_02

Torrontés

Os viños que produce son moi aromáticos e peculiares, con cheiros predominantes frutais e florais poden alcanzar con facilidade 12 – 13 % vol. Viños con estrutura lixeira, equilibrados e sedosos.Delicada e amable, con notas de heno e herbas aromáticas.

RB_ub_godello

Godello

Os viños que produce non son moi expresivos olfativamente, pero as sensacións en boca son amplas, untuosas e saborosas, alcanzado sinxelamente os 14 º alcohólicos e conservando unha boa acidez que rolda os 6 gramos por litro expresada en ácido tartárico.

RB_ut_albariño

Albariño

Os viños que produce son bastante aromáticos, terpénicos, destacando sensacións florais, froiteiras e balsámicas, con boca glicérica, untuosa e á súa vez fresca. Intensa, delicada e moi aromática. En boca, os viños preséntanse sedosos e frescos de estrutura lixeira.

RB_ut_loureira

Loureira

É unha variedade de calidade complementaria na elaboración de viños da D.O. Ribeiro. O seu aporte principal nas mestruas de viños é o toque de delicadeza, elegancia, lixeireza á par que frescor. Intensos aromas de expresión floral, cítricos e herbas aromáticas frescas.

RB_ut_lado

Lado

Proporciona viños de peculiares aromas afrutados e especiados cunha boca fresca pero curta en extracto. Na D.O. Ribeiro utilízase como complementaria mesturándose con outras variedades autóctonas de maior estrutura e volume.

RB_ut_caiñoblanco

Caíño Blanco

En boca os viños son estruturados, con corpo e moi boa acidez.Intensa, aromática e moi persoal. Aromas de mazá e notas florais. En boca os viños son estruturados, con corpo e moi boa acidez. Intensa, aromática e moi persoal.

Autorizadas brancas

RB_ut_albilla

Albilla

Os viños que produce alcanzan altas gradacións alcohólicas que chegan aos 13 ou 14 º alcohólicos, pero non manteñen ben a acidez resultando un pouco escasa. Teñen un importante achegue glicérico e aromáticamente.

RB_ut_palomino

Palomino

Esta variedade produce viños de menor calidade e non se adapta moi ben á climatoloxía da D.O. Ribeiro; xera viños sinxelos, pouco expresivos e de baixa gradación e acidez con tendencia á evolución oxidativa.