VIÑO TINTO

Os viños tintos do Ribeiro son auténticos, con carácter e xenuínos. Representan sobre o 10% da produción e a súa personalidade vén marcada polas uvas autóctonas.

Intensos, orixinais e expresivos. Caracterízanse polos aromas de froitas vermellas e negras, notas florais de violetas, regaliz, especias e balsámicos. Tintos de boa carga tánica, carnosos, estruturados e cun punto de acidez que potencia o seu frescor e equilibrio.

VARIEDADES PARA LA ELABORACIÓN DEL VIÑO TINTO

Entre las variedades de uvas tintas del Ribeiro diferenciaremos entre,

Preferentes tintas: Caíño longo, Caíño bravo, Caíño tinto, Ferrón, Sousón, Mencía e Brancellao.

Autorizadas tintas: Garnacha Tintorera e Tempranillo.

Preferentes tintas

RB_ut_caiñolongo2

Caíño longo

A maduración pode roldar os 12 % vol. conservando unha boa acidez entorno a 6 g/l expresada en ácido tartárico, resultando viños alegres que se expresan moi aromáticos, frescos e de estrutura media.

RB_ut_caiñobravo

Caíño bravo

Intenso frescor, presentan aromática cítrica e froital con boca de viva acidez e lixeira estrutura. Variedad que se caracteriza por su intenso frescor y acidez. A penas representa el 0,02% de la producción.

RB_ut_caiñotinto

Caíño tinto

Exuberante e intensa. Notas florais e cítricas sobre froitas vermellas. En boca son vivos, frescos e de estrutura media.

RB_ut_ferron

Ferrón

Obtéñense boas maduracións con gradacións de 12 - 13 % vol. e con excelente mantemento da acidez proporcionando viños equilibrados, frescos, con moita personalidade, aromáticos.

RB_ut_souson_02

Sousón

Os seus viños poden alcanzar altas gradacións alcohólicas entre 12.5-14 %vol, conservando unha excelente acidez total 6 - 8 g/l expresada en ácido tartárico, súa contido polifenólico proporciona unha excelente estrutura e intensa coloración.

RB_ut_mencía

Mencía

Os viños monovarietais que produce son finos, elegantes e afrutados recordándonos principalmente a pequenos froitos do bosque vermellos e negros, viños novos algo golosos e de paso fácil, con pouca aptitude para a crianza.

RB_ut_brancellao

Brancellao

As súas boas aptitudes para a maduración permite a obtención de mostos cun alto contido en azucres e unha acidez media, producindo viños aromáticos, con corpo, grasos e untuosos de pouca estrutura. Non permite a elaboración de crianzas.

Autorizadas tintas

RB_ut_garnacha_tintorera

Garnacha tintorera

Os viños que produce teñen unha moi importante carga cromática e nas latitudes galegas é difícil alcanzar as maduracións necesarias para domar a súa importante expresión vexetal; mantén moi ben a acidez e achega unha boa aromática froiteira e floral.

RB_ut_tempranillo

Tempranillo

LOs viños que produce son maduros podendo alcanzar altas gradacións entorno a 13 -14 % vol, con boa expresión aromática, contido polifenólico medio e acidez lixeiramente escasa. Na D.O. Ribeiro é mesturada con outras variedades autóctonas.